Xuventude

- Actividades de formación en linguas estranxeiras para estudantes de bacharelato - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Actividades de formación en linguas estranxeiras para estudantes de bacharelato

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca 647 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras durante o ano 2026, ao abeiro do procedemento ED504B.

Estas axudas están dirixidas ao alumnado de primeiro e segundo de bacharelato de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de mellorar a competencia lingüística mediante estadías formativas no estranxeiro.

As actividades ofertadas inclúen cursos presenciais nos seguintes destinos:

  • Inglés en Canadá
  • Inglés no Reino Unido
  • Francés en Francia
  • Portugués en Portugal
  • Alemán en Alemaña

O custo total de cada actividade subvencionada inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • A presenza de persoas monitoras acompañantes durante toda a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de manutención e aloxamento.
  • O certificado acreditativo de realización da actividade.
  • Un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

​​​​​​​ ​​​​​​​As datas de realización será da segunda semana de xullo a finais de agosto de 2026, agás as actividades de 2º de bacharelato, que se realizarán en agosto.
As datas concretas publicaranse coas listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 4 de febreiro ao 3 de marzo de 2026, ambos incluídos.

Toda a información sobre a convocatoria e o procedemento de solicitude está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia - Procedemento ED504B.