Xuventude

- Programa: Instalación, mantemento e reparación de equipos informáticos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Programa: Instalación, mantemento e reparación de equipos informáticos

Este programa está dirixido á contratación dunha persoa inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil
para o Concello de Rianxo como Técnico medio en instalación, mantemento e reparación de equipos
informáticos.
Estes son os obxectivos previstos ó inicio do programa:
- Solución de incidencias cos equipos informáticos do Concello.
- Instalación dos equipos informáticos do persoal e dos destinados ó público nos espazos do Concello.
- Xestión loxística do material informático do Concello.
- Mantemento dos equipos informáticos do Concello.
- Configuración das redes e dos puntos de acceso a Internet nos espazos do Concello.
- Tarefas de ciberseguridade para a implantación do Esquema nacional de Seguridade na rede do
Concello.
En todas estas tarefas, a persoa contratada estará supervisada polo Técnico Informático do Concello de
Rianxo.
Esta contratación está motivada pola orde de convocatoria Concesión de subvencións destinadas á
contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos
intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia
2021-2027 e pola ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a
concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de
garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con
entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no
marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025, sendo a convocante a
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN.