Xuventude

A Xunta convoca axudas para que o alumnado universitario do SUG realice estadías lingüísticas no estranxeiro este verán - Axudas ao alumnado das universidades do SUG para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas ao alumnado das universidades do SUG para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán

A Xunta convoca axudas para que o alumnado universitario do SUG realice estadías lingüísticas no estranxeiro este verán

A Xunta de Galicia abriu o prazo de solicitude das axudas para estadías noutros países dirixidas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), co obxectivo de favorecer a aprendizaxe de linguas estranxeiras durante o verán de 2026.

Os requisitos son:

  1. Estar matriculado no curso 2025/26, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2025, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
  2. O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelá e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2026, ambos incluídos.

A dotación económica por persoa beneficiaria será de:

  • 1.200 euros para estadías en países de Europa
  • 1.500 euros para estadías no resto do mundo

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2026, ás 23:59 horas.

Toda a información e o acceso ao procedemento están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.