Novas de interese

- A Xuventude no mundo: intercambios a Italia, Xapón e Rusia - Concello de Rianxo

Novas de interese

A Xuventude no mundo: intercambios a Italia, Xapón e Rusia

O programa de mobilidade “A Xuventude no mundo” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado arranca cos primeiros intercambios xuvenís a realizarse durante o 2013, enmarcados dentro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países:

 

Pais

Lugar de intercambio

Nº de prazas

Data de realización

Temática

Data de inscrición

Italia

Ossana – Trento

(Fundazione San Vigilio)

12

16 a 23

marzo

“Tradición e innovación. Redescubrir o pasado para crear o futuro”

11 a 18  febreiro

Rusia

Concello de Novodevyatkinsky – San Petesburgo

14

22 a 29

abril

Búsqueda de emprego na xuventude

11 a 18 febreiro

San Petesburgo

(Instituto de San Petesburgo da Educación humanitaria)

10

29 de abril

6 de maio

Orientación profesional para a xuventude

19 a 26 febreiro

Xapón

Perfectura de Wakayama

14

8 ao 15

xullo

“Dous camiños, dúas culturas”

1 a 10 marzo

 

Está destinado a mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran  en anteriores edicións de A Xuventude no Mundo. A inscrición realizarase mediante o envío dun formulario electrónico que atoparas na web Xuventude.net