Novas de interese

- Bolsas para cursos de idiomas no extraxeiro para estudantes universitarios - Concello de Rianxo

Novas de interese

Bolsas para cursos de idiomas no extraxeiro para estudantes universitarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2012/2013.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 €.

Requisitos:
Estar matriculado/a no curso 2012/2013, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril de 2013.

        Convocatoria BOE