Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O vindeiro sábado 7 de marzo, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto de ensembles de música da Escola de Música de Rianxo que leva por título Música en Feminino.  

O sábado 14 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a proposta de ópera Madama Butterfly de Puccini. A entrada ten un custo de 20 € (máis gastos de xestión) e pode adquirirse no seguinte enlace, e tamén chamando ao 618 111 362. Ópera representada e interpretada por artistas internacionais con gran experiencia. PromÓpera é unha asociación cultural...

O vindeiro sábado 29 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Gala de entrega de premios do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A entrada é con convites, non haberá ningunha dispoñible na billeteira do Auditorio. Podes seguir a gala en directo: - Na canle da televisión do Canal Barbanza - Nas redes sociais da Asociación Alberto Romero - No...

O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. Nesta ocasión presentarase o libro de Xico de Carinho titulado Na harmónica e a intervención artística correrá a cargo de Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns,...

O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Módulo II Iniciación á informática e á Internet. Módulo II Cociñando para alimentarse ben II Práctica instrumental

Avance da programación do Entroido en Rianxo no 2020 promovido polo Concello de Rianxo.

Na tarde do domingo 23 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2020, terá lugar un Certame de Carrozas. Podedes obter máis información na seguinte documentación: Bases completas Obrigas e recomendacións Inscrición

A sala de exposición do Auditorio de Rianxo acolle a II Mostra de Arte Moderna ... evolución de F. Farrapos, do 7 de febreiro ao 7 de marzo. A apertura de exposición terá lugar o venres 7 de febreiro ás 21.00 horas. ​

Por mor da choiva, o acto previsto para hoxe dentro da programación dos Actos Castelao 2020, trasládase para o Salón de Plenos do Concello de Rianxo. A ofrenda floral realizarase no Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao) e as intervencións de autoridades e o acompañamento musical, no Salón de Plenos do Concello.

Presentación do libro Relatos e lembranzas, homenaxe póstumo a Plácido Betanzos, coa participación de José Muñiz Santalla (comisión de homenaxe a Plácido Betanzos), Manuel Cartea Gómez (Barbantia) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Presenta o acto, Xosé Deira Triñanes.

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o venres 31 de xaneiro, continúan as propostas dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo. A partir das 20.30 horas terá lugar a presentación do núm. 151 d'A Voz de Barbantia e do libro Escribirme de Hector Pose Porto, da Editorial Do Peirao. No acto, ademais do autor, estarán presentes Xesús Laíño e Milagros Torrado, da Asociación...

Dentro da programación dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo, o sábado 25 de xaneiro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa realizado por Vou Fims. Na proposta terá lugar unha mesa redonda con Lois Basallo (director e guionista), Adriana Rego e Vanesa Mariño (historiadoras da arte) e Sergio Pazos e...

Ricardo de Barreiro ofrécenos, a través desta performance-presentación do seu audio-libro A+A, unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor. Realizarase o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Biblioteca Pública Castelao de Rianxo. Está destinada a un público adulto, con inscrición previa no correo biblioteca@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(ata a mañá do mesmo...

O XOVES 23 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Casa de Rafael Dieste, convocados pola Asociación Cultural Bubela de Abuín terá lugar un encontro no que Jose Luís do Pico Orjais conversará arredor do piano de Dieste e Barahúnda acompañará con cantigas de amor e de amigo.

Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro. As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro. NOTA: A presentación do libro de José Carou Rey Desvelando a Ademar Escambia,  adiase para outra data a...

Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de Reis. En Rianxo chegarán ao Porto sobre as seis e cuarto da tarde.  

O vindeiro venres 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, presentarase no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo o libro "Nunca sabes a donde te lleva la vida" do autor alemán Michael Künstler. Blog de Michael Künstler  

Do 24 ao 31 de decembro, na carpa que se colocará na Praza Castelao con propostas familiares. O 24 e o 31 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30 horas. O 26, 27, 28 e 30 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30  e de 17.00 a 20.00 horas. Xa podedes consultar a programación por día na seguinte imaxe:    

Xa queda pouquiño para que comece o 2020 e tamén para a noite máis máxica do ano, a #noitedereis. Os Reis Magos xa están todos atarefados cos preparativos e piden da vosa axuda para a Cabalgata no Concello de Rianxo. Podes facelo de moitas maneiras: acompañando a comitiva, na montaxe, na organización... Chama ao 981 100 688, envía un correo a cultura@concelloderianxo.gal ou pásate polo Auditorio.

Unha historia de lume e sacrificio O que arde, un filme de Oliver Laxe na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proxección terá lugar o venres 20 de decembro, ás 21.00 horas. Recomendado para un público maior de 7 anos. Duración: 85 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa. Retirada dende unha hora antes do comezo da proxección. O que arde  

O sábado 21 de decembro, en dúas sesións, unha as 12 da mañá e outra ás 6 da tarde; terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. A entrada pode retirarse unha hora antes de cada sesión (máximo 2 por persoa).

O domingo 22 de decembro, a partir das 19.00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo. Máis información Facebook de Fogo Fatuo

O grupo de teatro Airiños organiza no Centro Social da Atalaia un ciclo de Veladas de Inverno. Desenvolveranse entre o  venres 13 e o domingo 22 de decembro.

O III Ciclo de Novos Intérpretes chega ao seu fin, o derradeiro concerto correrá a cargo de Aldara Muíños Rodríguez ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. A proposta terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o vindeiro venres 13 de decembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo.

O 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. A exposición forma parte do programa dos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios de apertura do auditorio, dende o 20 de decembro...

Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian.

O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa).

O vindeiro sábado 7 de decembro, terá lugar no Araño a celebración das Festas de Santa Baia

O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes terá lugar o II Memorial Mireya Dieste, cun concerto con Margarita Viso Soto e Javier Ares Espiño.

O sábado 7 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla organizado pola Coral Abraira do Centro Cultural Simon Varela de Asados. Actuarán a Coral San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira e a Coral Abraia de Asados.

O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o Festival de Nadal organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información no facebook de Vai de Roda

Xa se poden consultar as persoas admitidas no obradoiro de experimentos: A maxia da ciencia! Pincha no seguinte enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 29/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste sitio web.  

APRAZADO ATA NOVO AVISO  a proposta do venres 29 de novembro, ás 19.30 horas, comezará na Casa dos Dieste a II Semana da Música Irmandiña cunha conversa con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais arredor da historia do piano na Galiza . Ademais haberá un concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo. O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes,...

Talía Teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar, Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas. Espectáculo recomendado para familias con crianzas entre os 6 e os 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio...

O venres 29 de novembro, ás 21.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, gañadora do Premio Viadutos de Novela 2019. No acto contarase coa presenza de Malores Villanueva (Editorial Galaxia), Antón Riveiro Coello (escritor e socio de Barbantia), Alicia Fernández Ínsua (estudante de Comunicación...

Joelle Saliba ofrecerá un obradoiro e unha conferencia dentro do programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es de Axóuxere. O obradoiro de literatura desenvolverase os días 30 de novembro e 1 de decembro e ten o título de Que é o que pasaría se.  A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo electrónico info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao...

O espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de novembro ás 20.30 horas. Destinado a público adulto. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pode retirarse desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sitio web Nova Galega de Danza

PRAZAS CUBERTAS A xente que estea interesada pode inscribirse nunha listaxe de reserva. A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. OBRADOIRO PARA FAMILIAS Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. O sábado de 11.00 a 13.00 horas,...

Xa están publicadas as persoas admitidas no obradoiro A ciencia nos tempos Castelao, Dieste e Manuel Antonio. As 10 prazas non cubertas, poden ocuparse, por orde de inscrición, ata o venres 22/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude que se atopa neste sitio web. Podes consultala no seguinte enlace

Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO. O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval. Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de...

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas. Está destinado a un público adulto. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Proposta do...

Henrique Komatsu ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificación da realidade», o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de...

Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. Destinado ao público adulto. Duración: 1 hora e 35 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. A proposta forma parte do programa Rede...

Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa Rianxociencia 2019. Programa, información e inscricións no espazo específico RianxoCiencia 2019:  

Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo. Descarga do folleto Outono Cultural 2019

Xa podedes consultar no sitio web de RianxoCiencia2019 a listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica do sábado 9 de novembro. Pincha no enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 08/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste enlace.

O vindeiro venres, 8 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Papar sen cancelas a cargo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da...

O vindeiro venres 1 de novembro, a partir das 5 da tarde, na Praza de Castelao celebrarase un Magosto Tradicional con castañas, obradoiros e xogos e música.

A Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá do 25 de outubro ao 23 de novembro a exposición da artista Mirta Zaliauskas. É unha artista plástica que estudou na escola de Belas Artes Carlos Morel de Quilmes (Arxentina). Recibiuse de profesora superior de artes visuais. Realizou estudos en Italia no obradoiro de Miguel Anxo en Carrara para a súa especialización na escultura e no...

O sábado 2 de novembro, a partir das 17:30 h, no Araño, as entidades asociativas organizan un magosto coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.