Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

"Os cartazes do 25 de abril", exposición en Rianxo da Associaçom José Afonso

O mércores 25 de abril, ás 17.30 h, o Auditorio de Rianxo acollerá a presentación da exposición "Os cartazes do 25 de abril",  e contará coa intervención da historiadora Alba R. Silgo, e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

 

A exposición poderá visitarse ata o 2 de maio nos horarios de apertura do auditorio. Esta proposta forma parte do programa que a Associaçom José Afonso organiza na semana de actividades “Galiza com o 25 de abril Sempre”, en colaboración cos concellos de Santiago de Compostela e de Rianxo, para dar a coñecer no noso país os acontecementos da Revolución dos Cravos. Cinema, un coloquio, unha exposición e música nas rúas de Compostela e Rianxo servirán para achegar a Galiza protagonistas dos feitos que conseguiron acabar coa ditadura salazarista e traer a liberdade a Portugal.