Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

A orquestra folk de Galicia, Sondeseu, en Rianxo o 21 de xullo

A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao.

A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro.

Beiralúa é un disco de celebración da vida dunha orquestra folk, primeira no seu xénero, que foi quen de abrir un camiño novo na reelaboración da música de tradición oral galega. Beiralúa é un lugar no que sobresaintes compositores e músicos galegos, xunto con voces representativas do panorama actual se xuntan aos mestres e compoñentes da orquestra para danzar unha coreografía simbólica de unión en torno a un proxecto que os trouxo dende as ondas daquel inicial Mar de Vigo que terciou a Barlovento para achegarse a este novo traballo, pechando en cinco trazos, cos Trastempo e Danzas brancas nos pares, a redonda luz dunha lúa presente na meirande parte dos cortes que o conforman.

Deste xeito pezas encargadas pola orquestra a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas entrevéranse con cancións presentes xa no imaxinario colectivo, clásicos como Ahi ven o Maio ou Campanas de Bastabales, interpretadas por grandes voces como Rosa Cedrón ou o Orfeón Treixadura e a colaboración de Susana Seivane, rematando cunha espléndida composición de Anxo Pintos adicada á Illa de San Martiño que pon de manifesto as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa creada hai dazasete anos no seo da actual Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a ETRAD, e que hoxe se consolida xa como a auténtica Orquestra Folk de Galicia.