Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Concerto Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo

A Banda Escola de Música de Rianxo realizará o seu tradicional Concerto de Fin de Ano o vindeiro sábado, 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o concerto correrá a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e do Coro Infantil da Escola de Música de Rianxo. O programa será:
  • La Marcelina (Bernardo Adam Ferrero)
  • Concerto para dous clarinetes (Félix Mendelssohn) - Solistas: María Varela e Aldara Muíños
  • Virginia (Jacob de Haan)
  • Willson Suite (Robert W. Smith) - Solista: Félix Rodríguez Ramos
  • A Neve - Panxoliña (arranxos: Antón Alcalde)
  • O Aguinaldo - Panxoliña (arranxos: Antón Alcalde)
  • Adeste Fideles - Panxoliña (arranxos: Antón Alcalde)

Entradas de balde ata completar capacidade: retirada de entradas 1 hora antes da función, cun máximo de 2 por persoa.