Educación e Cultura

- DANZA: Entresoños pola compañía de Fran Sieira - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

DANZA: Entresoños pola compañía de Fran Sieira

A compañía de danza Fran Sieira o 9 de novembro, ás 21.00 horas, estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Entre soños.

Está recomendado para tódolos públicos.  Duración 65 minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa, e poden retirarse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo.

Proposta enmarcada no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Todo o mundo nalgún momento da súa vida se veu nunha encrucillada. Encontrouse, encóntrase ou posiblemente encontrarase fronte a dous, ou máis, camiños que poden ser determinantes para o resto das súas vidas.

Nunca tiveches un Soño que perseguir, pero polo que non te atreves a loitar? Ben por non saír da túa zona de confort, ou por medo a perder ese benestar, … ou por calquera outra razón que fai de esta decisión un dilema difícil de resolver.

Entresoños é unha obra de baile e música tradicional galega dirixida por Fran Sieira e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño, con música orixinal de Anxo Pintos.