Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

EXPOSICIÓN: xigantes, os petroleiros de Astano (1964-1982)

Dende o 9 ao 24 de febreiro a sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá a exposición organizada pola Deputación Provincial da Coruña, do fondo expositivo da Fundación para a Construción Naval (EXPONAV).

Nesta exposición preténdese difundir dunha maneira atractiva o éxito que significou a construción dos maiores petroleiros do mundo botados dende grada. Aquela época, dende o 1964 ata o 1982, supuxo o progreso e empuxe do asteleiro Astano, icono da ría de Ferrol e berce, xunto á Empresa Nacional Bazán, do maior emporio técnico naval.