Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

HOXE HAI REGUEIFA, o espectáculo de Fogo Fatuo volve ao Auditorio de Rianxo

Hoxe hai regueira, o espectáculo de Fogo Fatuo, volve ao Auditorio de Rianxo o domingo 20 de maio, ás 19.00 horas.

As entradas teñen un custO de 2 € e poden adquirirse en Acuarela (Rianxo), no teléfono 663 322 149 e no correo electrónico fogofatuo@fogofatuo.es

A A. C. Fogofatuo representará para todos vós un acontecemento insólito que tivo lugar nesta vila rianxeira en 1908. Referímonos á unión matrimonial de dúas persoas ben coñecidas e significativas, como foron: don Farruco Saavedra, da parroquia do Araño, que tiña por oficio nada máis e nada menos que "Ghaiteiro" e que cortexou, entre outras moitas mozas da contorna, á señorita Balbina Lorenzo, filla do influente don Pedro Lorenzo, quen se criou rodeada de comodidades nunha familia ben acomodada da época en Rianxo. Esta "vinculeira" -que atesouraba unha gran riqueza- non atopaba parella axeitada, ata que apareceu o demo do Farruco coas súas artes de gaiteiro... o que desencadeou nunha gran regueifa que aínda se recorda en Rianxo.