Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

MÚSICA NA NOITE: a Orquestra Os Modernos presentando Dissimulem! (se o tempo non acompaña será no Auditorio)

NO CASO DE CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS O CONCERTO TRASLADARASE AO AUDITORIO DE RIANXO.

A Orquestra Os Modernos achégase a Rianxo o vindeiro sábado 29 de xullo para presentar o seu novo traballo discográfico "Disimulem!"

Tras 5 anos de exitosos directos por toda Galicia (e parte de Asturias), a Orquestra Os Modernos gravou, nos Estudios A Ponte, o seu primeiro disco, Dissimulem! O rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú, un disco esencial en toda casa moderna e en todo automóbil para o goce de toda a familia e máis o can. Cancións coma “O Uruguai”, “A chula tanguista” o “Passa-ruas dos Airinhos de S. Cámpio” nun disco de pizarra que recolle os seus ritmos modernos e incitantes.