Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

MÚSICA NA NOITE: De Vacas

De Vacas en concerto na Praza Rafael Dieste o vindeiro venres 25 de agosto ás 22.30 horas.

Tal como recollen no seu sitio web:

DeVacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces.

Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia.
Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar. Dende as Spice Grils ao Gagnam Style pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló, temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que queremos rescatar para vós. Para que lembredes o sabor do primeiro morreo con lingua, o malibú con piña…Sufrimos fanatismo adolescente, tivemos fortes referentes, foron moitas horas practicando playbacks diante do espello, moitas tardes repetindo coreografías diante da tele… nada de tempo perdido, estamos orgullosas e queremos compartilo.