Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ODAIKO presenta "Invención"

Ás 21.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, o grupo de percusión ODAIKO presentará o seu espectáculo Invención.

Destinado para un público infantil e familiar.

En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e para buscar solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día a día. Pasando por moitas invencións, dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización, a introdución do plástico, etc., sempre chegamos á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno están sempre moi presentes.

Como en todos os espectáculos de Odaiko, o enxeño e a conexión co público son as súas claves máis características.

A proposta forma parte da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña.