Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Os tres porquiños, teatro musical infantil

O venres 18 de maio, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía Educateatro representará Os tres porquiños, unha adaptación musical do conto clásico con bonecos a tamaño real.

Está recomendada para público familiar a partir de 2 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade, e pódense retirar dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa).

Esta proposta, organizada polo Concello de Rianxo, está enmarcada no programa Cultura no Camiño, coordinado por Turismo de Galicia e pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), co patrocinio de Gadis.

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?