Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Pres de Cambrai en concerto

O venres 29 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o concerto do grupo Pres de Cambrai titulado O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas.

Antes de que o grupo comece co concerto haberá unha presentación dos traballos de recupación e posta en valor do Castelo da Lúa, onde intervirán Gonzalo Buceta Bruneti, restaurador-director; Mario César Vila, arqueólogo director; Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, e Xusto Ordóñez Figueira, concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódese facer a retirada de convites unha hora antes do comezo do concerto.

A proposta enmárcase no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Arpa, fídula, frauta, percusión, voz, un órgano portativo e o relato dunha narradora son, entre outros, os ingredientes que adobiarán e acompañarán o relato do que aconteceu co chamado pergamiño Vindel, testemuño da música que acompaña ás sete cantigas do trobador vigués Martín Codax.

Charo Pita e os compoñentes do grupo Pres de Cambrai recrearán, a través da palabra e da música, o relato dos misterios que, durante séculos, se agocharon nun pergamiño, que serviu para gardar as tapas dun antigo libro, até que foi achado polo libreiro Vindel a comezos do século XX.
Que aconteceu co pergamiño, cal foi a súa importancia? Como soa a música que nel se contén? Que son as cantigas? Quen era Pedro Vindel? Todas estas preguntas serán contestadas a través do relato e da música. A actividade combinará a música das cantigas, interpretada ao vivo, coa narración do misterio que envolve o manuscrito contido no pergamiño Vindel.

Será unha maneira de conmemorar os 100 anos do pergamiño e a súa chegada a Galicia, ao tempo que se achegará a un público variado este períoda da literatura galega e universal, a través  dunha das súas máis prezadas alfaiais: as sete cantigas do trobador Martín Códax.