Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Proxección do documental Idénticas

O vindeiro sábado 6 de abril, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase a proxección do documental Idénticas de Luís Avilés Baquero, premio “Mestre Mateo” ao mellor documental do ano 2018.

Idénticas ten unha duración de 65 minutos e recolle a realidade da familia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas que sofren unha enfermidade rara como é a heteroplasia ósea progresiva. A entrada é libre e de balde.

O documental é unha homenaxe a todas as familias que sofren enfermidades raras, así como a todo o persoal sanitario, investigadores e todas aquelas persoas que apoian e axudan de forma desinteresada á Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) na loita por un futuro mellor para Celia e Cayetana.