Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: CRANIOS PRIVILEXIADOS ou crítica da razón perralleira, de Mofa e Befa

Mofa e Befa presentan, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción teatral: Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira, dirixida por Carlos Santiago con Josito Porto e Victor Mosqueira.

A función realizarase o vindeiro sábado 5 de maio ás 21.00 horas.

A entrada ten un custo de 6 € en venda anticipada (reservas no correo-e: ruben.excentricas@gmail.com) e 8 € na billeteira do auditorio o día da función, unha hora antes do comezo (menores de 18 e maiores de 65 anos, 6 €).

Velaí que o seu novo espectáculo, Cranios Privilexiados, poida ostentar sen vergoña o subtítulo de Crítica da Razón Perralleira, como unha sincera e humilde tentativa de establecer os límites e capacidades actuais do "perralleirismo" como bela arte, como outros trataron de verificar os límites da razón pura, da razón dialéctica ou da razón cínica. A crítica da razón perralleira fai seu o vello lema freudiano de que hai dúas maneiras de ser felices: unha, facer o idiota, e outra, ser idiota directamente. Non pretenderá modificar o curso do pensamento occidental, pero si alumear un espectáculo no que tal vez a filosofía e a comedia acaben por facer as paces, cando menos, de modo provisional, logo de dous mil quiñentos anos de sincera desavinza.
Polos motivos xa confesados, “Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de Mofa e Befa, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira destas dúas luminarias do xitanismo ilustrado. E no principio, claro, era o biombo.