Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: Pelos na lingua, por Talía teatro

O sábado 20 de outubro, ás 20.30 h, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo de teatro Talía achégase coa súa obra teatral Pelos na lingua.

Está recomendada para un público adulto e xuvenil (maiores de 13 anos)

A entrada é de balde ata completar capacidade e poderá recollerse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.  

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.