Educación e Cultura

- TEATRO: #camiños por ButacaZero - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

TEATRO: #camiños por ButacaZero

A compañía Butaca Zero achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 9 de febreiro co seu espectáculo #camiños

Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, vén da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de #camiños.

Camiños que unen as aldeas coas cidades. Os poemas de Rosalía coa música electrónica. O spinning co churrasco. As fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Facebook.

Camiños que unen o que fomos co que dexesamos ser.

A función comezará ás 20.30 horas, cunha duración 90 minutos.

Recomendada para maiores de 12 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)