Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O Concello de Rianxo forma parte do programa colectivo APEGO, creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Apego vai dirixido ás familias que están a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que teñen nenos e nenas ata 6 anos. Sitio web APEGO Neste sitio web podedes atopar toda a información refirida ó programa APEGO, así como tamén diferentes...

O 14 e 15 de outubro realizarase en Rianxo o certame de tapas Escuncha o Mexillón Está organizado por ASPROMERI en colaboración co Centro Comercial Aberto de Rianxo e a Asociación Rianxeira de Empresarios. Podes consultar as bases en www.empresariosderianxo.com

Xa podedes ir consultando as propostas que se desenvolverán neste outono no Concello de Rianxo

Dende o 7 ao 29 de outubro, a rianxeira Lara Torres expoñerá no Auditorio de Rianxo a súa obra Fusións. O acto de inauguración terá lugar o venres 7 de outubro ás 19.30 horas. Sitio web Lara Torres A Ilustradora rianxeira Lara Torres exporá no Auditorio da súa vila natal unha serie de obras orixinais do 7 ao 29 de outubro. Técnico Superior en Ilustración e Graduada en Belas Artes compaxina a...

A Agrupación Teatral Criaturas pecha a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego coa obra O paxaro de Osiris. Facebook Agrupación Teatral Criaturas Londres, 1930. Adam Smithback, un mozo exiptólogo, consigue financiación para levar a cabo a súa primeira expedición na busca do famoso Paxaro de Osiris, unha valiosa e poderosa reliquia do faraón Fimosis IV. Pola súa banda, o profesor Tadeus W....

O sábado 8 de outubro, ás 20.30 horas, no auditorio de Rianxo o Grupo de Teatro Airiños volve a representar a obra Hoxe non se paga! dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Sitio web Grupo de Teatro Airiños Hoxe non se paga! centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. As protagonistas da...

Continúa a Mostra de Teatro Afeccionado outro fin de semana máis. O venres 7 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía Pinchacarneiro Teatro interpretará a obra L. Facebook Pinchacarneiro Teatro A carón dunha estrada perdida, no medio da nada, luce un gran L en letras de neón. Na sala das festas máis ateigada do universo, as almas solitarias buscan un lugar onde celebrar o fin de ano. L conta...

O domingo 2 de outubro, o grupo de teatro universitario Vacaloura Teátrica, representa no Auditorio de Rianxo a obra Mousike e as Kronomusas; dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Facebook de Vacaloura Teátrica Ano 3115. A música foi prohibida fai moito tempo e ninguén se lembra xa dela. Mouse, o noso protagonista, vive cun profundo pesar no seu corazón. Mais un día, atopa algo...

O sábado 1 de outubro arranca a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Comeza coa agrupación Teatro de Cámara Ditea coa obra de Roberto Vidal Bolaño Animaliños. Sitio web de Teatro de Cámara Ditea Facebook Teatro de Cámara Ditea ANIMALIÑOS é a creación dunha persoa moi observadora, dun autor, Roberto Vidal...

O 1 de outubro remata o prazo de preinscrición na Uned Senior. Se estás interesado/a en matricularte podes facelo pinchando no seguinte enlace. As materias que se ofertan este cuadrimestre son as seguintes: Aproveitamento dos Nosos Montes. Producción e Coidado Ambiental Prof. Carme Freire Cultura Musical da Galiza. Prof. Jose Luís Dopico Riscos no Fogar. Autoprotección en...

A Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado "Alter Ego". Representaránse 5 obras que serán as seguintes: sábado 1 de outubro - 21.00 horas Animaliños a cargo de Teatro de Cámara Ditea domingo 2 de outubro - 20.30 horas Mousike e as Kronomusas a cargo de Vacaloura Teatrica venres 7 de outubro - 20.30 horas L a cargo de...

A compañía Volta e Dálle Teatro, achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción Dura Lex. A función terá lugar o vindeiro venres 30 de setembro ás 20.30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é de balde (ata completar aforo) e pode adquirse unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Máis información no sitio web de Volta e Dálle Teatro ...

Rock in Rian 2016, o sábado 10 de setembro no Parque Galiza; coas actuacións dos Cuchufellos, Dakidarria, Zënzar, Malfalda e Nao Máis información no Facebook das Juadalupeñas

Outro ano máis en Rianxo terá lugar a celebración das FESTAS DA GUADALUPE, nese ano será lo venres 9 ao 16 de setembro. Máis información no sitio web GUADALUPE RIANXO FACEBOOK FESTAS DA GUADALUPE

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2016. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que...

VIII Campus Musical da FGBMP en Rianxo do 29 de agosto ao 1 de setembro. Abertos a todo o público, no VIII Campus Musical da Federación Galega de Bandas de Música Populares, concertos na Praza Rafael Dieste ás 20.00 horas: - Martes 30 de agosto: concerto de Odaiko Percussion Group - Mércores 31 de agosto: concerto do alumnado e profesorado participante no campus - Xoves 1 de setembro: concerto...

NOTA: o concerto comezará cando remate a carreira O Castelo da Lúa, aproximadamente a eso das 23.30 horas. Cris Román, presenta o seu disco "A Cuentagotas" en Rianxo; ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 20 de agosto ás 23.00 horas no Campo de Arriba. A cantautora ven de gañar o concurso Cultivando Música na categoría pop-rock e cantará no escenario do Festival da Luz. Facebook Cris Román

Música na noite, con Barahúnda en quinteto, no que presentarán cancións do seu novo traballo Múdanse os ventos. O concerto será o vindeiro sábado 27 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste.

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta noite, a proxección de cine trasládase ó Auditorio de Rianxo. "El abuelo que saltó por la ventana y se largó", ás 23.00 horas (acción, comedia, non menores de 7 anos)

O vindeiro sábado 20 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar no Parque da Martela unha Homenaxe a Prudencio Romo dos Tamara a cargo da Banda de Música de Lousame e da Coral da Escola de Música de Rianxo. O concerto pertence ó XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

O vindeiro venres 26 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar o peche do XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocación a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un Concerto das Músicas do Cinema Animado.

O mércores 10 de agosto, ás 23.00 horas, no Centro Cultural do Araño NOITES DE CINE, coa proxección da película "James y el melocotón gigante"  

17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais

17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais

17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais

17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais

17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais

Máis información na páxina de facebook das Juadalupeñas

Festas de Asados Máis información no facebook de Festas de Asados

José Manuel López (Discópilis Jazz, RNE, 11/06/2016): "Alfonso Calvo acaba de publicar o seu segundo disco, Sea Ahead.Trátase dun gran disco con estupendas composicións na liña do jazz moderno e moi boas interpretacións". Alfonso Calvo Septet está formado por Pablo Castaño (saxo alto, soprano), Xosé Lois Miguélez (saxo tenor, frauta), Rubén Salvador (trompeta, fliscorno), Bruno Valle (trombón),...

Patty Lesta & The Hits ven ser un cuarteto formado por contrabaixo (Pachi Cruz), Batería (Carlos Bastón), Piano (Cristian Leggiero) e Voz (Paty Lesta). Enfrontan un percorrido por algúns dos HITS máis importantes da historia da música versionados, arranxados e adaptados  ao cuarteto aos estilos del Swing, Soul, Blues e Funky, entre outros.

O xoves 4 de agosto, a galega Alba María ofrecerá un concerto dentro das Noites de Jazz. ALBA MARÍA (1995), de ascendecia lucense, naceu nas Palmas de Gran Canaria. Estudou música no CMUS de Vigo. En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e en 2014 preséntase e gaña o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. No...

As Noites de Jazz de Rianxo son tradicionalmente abertas polos distintos combos que forma ad hoc a sección de jazz da Escola de Música de Rianxo, dirixida polo Jazzman, compositor e arranxador, Alfredo Susavila. Nesta ocasión, a formación que nos presenta, a EMR Jazz Essemble, formouse no 2013 -un ano despois de iniciarse o ensino jazzístico na entidade-, e está composta por Valentin Rial (Sax...

O vindeiro domingo 14 de agosto, a partir das 21.30 horas, terá lugar o XIV Festival de baile e música tradicional da Escola Aleivosía.  

Continua o XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo; o sábado 13 de agosto, ás 21.00 horas, no Parque da Martela terá lugar o concerto da Banda Municipal de Padrón.

Outro ano máis terá lugar a Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque coa colaboración do Concello de Rianxo, do 27 ao 31 de xullo Rianxo convértese no epicentro mundial da zanfona. Máis información e inscricións no sitio web de aCentral Folque  

Noites de cine en Leiro, o vindeiro martes 26 de xullo ás 23.00 h nas pistas deportivas de Rañó.

O venres 22 de xullo, desenvolveranse os seguintes actos literarios: 13.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Presentación do libro O perveso goberno de Feijoo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento 19.30 horas, BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Presentación do libro Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz, e do documental Porta para o exterior de Sabela Fernández...

Na zona do naútico, o domingo 24 de xullo

No Parque da Martela, este sábado 23 de xullo, ás 21.00 h. dará comezo do XII Ciclo de Bandas.

O vindeiro xoves 21 de xullo, arranca en Rianxo a Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Aluminos Cortizo e o Concello de Rianxo. 13.00 horas, INAUGURACIÓN Actuación musical Historias por escribir con Pepe Sendón e Sabela Galbán. Pregón a cargo de María do Cebreiro 18.30 horas, actuación Maxía de aquí e...