Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

A Asociación de Mulleres da Barbanza, Mulleres en Acción, organiza o vindeiro xoves 12 de novembro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo a charla coloquio titulada Prostitución e Violencia de Xénero a cargo de Alicia Ares Vilar.

O venres 6 e o sábado 7 de novembro terán lugar no Auditorio dúas funcións da nova produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes. As funcións serán ás 21.00 horas. A entrada ten un custe de 2 € e pode adquirirse de maneira anticipada nos seguintes puntos de venda: Bar Berberecho, Estanco Xacobiño, Perruquería Pelos e Cafetería Castelao, ou senon unha hora antes do comezo das funcións no...

O venres 6 e o sábado 7 de novembro terán lugar no Auditorio dúas funcións da nova produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes. As funcións serán ás 21.00 horas. A entrada ten un custe de 2 € e pode adquirirse de maneira anticipada nos seguintes puntos de venda: Bar Berberecho, Estanco Xacobiño, Perruquería Pelos e Cafetería Castelao, ou senon unha hora antes do comezo das funcións no...

O vindeiro sábado 31 de outubro, a partir das 17.30 horas, terá lugar no Centro Sociocultural da Capela no Araño o MAGOSTO 2015. Ademais de castañas, música, bebida, inchábles; ás 18.30 horas haberá unha actuación de títeres a cargo de Fanfarra Títeres que representarán a obra A caixiña máxica.

Na mañá de hoxe presentouse no Auditorio de Rianxo a nova produción, CALYPSO, da compañía teatral Voadora que se representará os vindeiros xoves 29 (función escolar) e o venres 30 de outubro. Voadora atópase dende fai unhas semanas realizando unha Residencia no Auditorio de Rianxo co fin de preparar esta nova montaxe e realizar a súa pre-estrea. Calypso é o novo  espectáculo de VOADORA...

Achégate ao Campo de Arriba de Rianxo o 2 de novembro a partir das 5 da tarde para festexar o Magosto/Samaín organizado pola Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización. Ademáis de castañas asadas, haberá xogos e obradoiros para os nenos/as, postos de artesanía e música tradicional. Todo elo coa colaboración de: Comisión Juadalupeñas de Rianxo, Agrupación Teatral Criaturas, Ondiñas...

O sábado 31 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de teatro aficionado Axóuxere Teatro achégase ao auditorio para estrear a súa nova produción Chou mas gou on !!! Trátase dunha nova comedia musica, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta. Con arranxos musicais e edición de son: Miguel Thomas - Iago Blanco (Drum&Roll studios) FACEBOOK DE AXÓUXERE TEATRO A obra está recomendada para...

O vindeiro venres 30 de outubro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a pre-estrea da obra Calypso a cargo da compañía Voadora. O Calypso é unha danza que require renunciar por completo á sensación de ridículo durante a súa práctica e tamén a banda sonora perfecta para esta peza da compañía Voadora no que se suscita o fin dos sistemas a través de dous grupos de personaxes sitiados...

Xa podedes consultar toda a programación do Outono Cultural no Concello de Rianxo. AVISOS: O Magosto Popular previsto para o 17 de outubro en Isorna SUSPÉNDESE   Descarga do dítico

  Venres 23 de outubro   -   20.30 h.   -    Centro Sociocultural do Araño   -   OZ, MUNDO DE FANTASÍA Oscar Diggs, un mago de circo de pouca monta e de dudosa reputación, é tirado dende a polvorenta Kansas ó relucente País de Oz. Está convencido de que lle tocou o premio gordo e que a fama e a fortuna está ó seu alcance. Pero as...

Venres 16 de outubro   -   20.30 h.   -    Casa da República de Isorna   -   FROZEN Frozen e unha película de animación dirixida a todos os públicos producida por Walt Disney Animation Studios e gañadora de 2 Premios Óscar por Mellor Película Animada e Mellor Canción Original por Let It Go. Está inspirada na historia de A raiña das...

BalletNorte achégase a Rianxo, o vindeiro sábado 17 de outubro, ás 21.00 horas no Auditorio, representará o seu espectáculo Atlántica. Atlántica é unha produción de BalletNorte en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández con música orixinal (composta para esta produción) de Ismael Berdei e imaxes de Pixelfilms. O título nace da...

Amplíase o prazo de preinscrición nos cursos da UNED Sénior Rianxo ata o mércores 14 de outubro.

O vindeiro sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación teatral da obra Da Vinci tiña razón! a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. As entradas teñen un custe de 6 € e poden adquirirse o mesmo día da función na billeteira do Auditorio ou con reserva anticipada no correo electrónico de ruben.excentricas@gmail.com Da Vinci tiña razón!

O programa Noites de Cine desenvolverase durante o mes de outubro en Rianxo. Está organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo. Van a proxectarse tres películas en tres lugares do concello: Venres 9 de outubro   -   20.30 h.   -    Auditorio de Rianxo   -   ENRUGAS A película de animación ENGURAS...

O vindeiro mércores 7 de outubro dará comezo un novo curso para o Club de Inglés de Rianxo, as reunións serán todos os mércores na cafetería do Naútico de Rianxo. Cambios nos horarios dos grupos: Iniciación 0: os martes Conversación: todos os mércores Máis información no seguinte correo electrónico: rianxoenglishclub2@gmail.com O club de inglés é unha iniciativa cidadá, independente e sen...

Diferentes agrupacións achéganse ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 3 de outubro, ás 20.00 horas, para ofrecer un espectáculo titulado TRABALLANDO NO NOSO no que se mestura a fotografía e o teatro, ca música o canto e o baile tradicional. As formacións que participan no espectáculo son: Pandereteiras Nunca é tarde Teatro Bradomín Grupo de Baile Caramiñas Asociación Sociocultural...

Ábrese o programa de educación de adultos 2015 para a obtención do graduado de secundaria. As inscricións pódense facer en Servizos Sociais ata o 9 de outubro.

Ábrese un novo curso académico na Aula de Rianxo da UNED Sénior co prazo de preinscrición en novas materias: Informática – Nivel Inicial Informática – Nivel Intermedio De Amor y Versos: de las Cantigas al Siglo de Oro Cociñando Recursos (conservación de alimentos) Cultura Musical da Galiza Saberes nas Hortas (saberes labregos e agricult. ecolóxica) Fotografía Dixital. Iniciación

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas, o Concerto da Banda de Música de Rianxo xunto con Carapaus trasládase para o AUDITORIO. O aforo é limitado, as entradas (máximo dúas por persoa) poden recollerse unha hora antes do comezo do concerto. O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Castelao concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo Carapaus

A Agrupación Teatral Criaturas presenta a súa obra "Mais mamá que nunca", o venres 28 de agosto ás 21 horas no Auditorio de Rianxo.

Na Praza Virxe de Guadalupe, o domingo 16 de agosto ás 21.00 horas, continúa o XI Ciclo de Bandas, nesta ocasión achégase a Rianxo a Banda de Música Xuvenil Municipal de Silleda. Como peche do Ciclo terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto, na Praza Castelao, o concerto a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo de música tradicional Carapaus.

O grupo SeisPorOito achégase a Rianxo o próximo venres 14 de agosto, ofrecerá un concerto na Praza Rafael Dieste ás 22.30 horas dentro das Noites de folc. SeisPorOito xurde no ano 2012 pola inquietude de buscar, descubrir e reivindicar novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo. Queren amosar a música tradicional dándolle un toque e unha visión...

O vindeiro sábado 15 de agosto na Praza Rafael Dieste, ás 22.30 horas,  Caxade xunto coa súa banda presentarán en Rianxo o seu novo traballo A dança das moscas. CAXADE é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso...

Do 27 de xullo ao 1 de agosto, terán lugar na Praza Rafael Dieste os concertos pertencentes ó programa Noites de Jazz. En caso de  ameaza de chuvia, os concertos serán trasladados ao AUDITORIO (entrada libre ata esgotar o aforo)

O vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 15:30 horas, o Club Náutico de Rianxo celebra a súa tradicional Regata de Socios e como é habitual convida a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen, a enrolarse nas tripulacións dos veleiros participantes. Asemade, para aqueles que non queiran participar na regata, pero estean interesados no seguimento da mesma, poderán facelo nos barcos...

Por mor do repentino falecemento do concelleiro, D. José Ricardo Besada Gesto, SUSPENDESE o Festival Internacional previsto para o mércores 22 de xullo. O mércores 22 de xullo, a partir das 22.30 horas, na Praza Castelao terá lugar o Festival Internacional de Danza, coa participación das agrupacións: Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira) Achterhookse Folkloredansers de...

XIII Festival de baile e música tradicional Aleivosía, o vindeiro sábado 8 de agosto ás 21.30 horas na Praza Rafael Dieste.

O sábado 25 de xullo, o grupo Pandeiromus presentará o seu novo traballoTeño días. O concerto terá lugar na Praza Castelao ás 23.00 horas. No caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo. Padeiromus

O 1 e o 2 de agosto, terá lugar no Campo de Arriba a VI edición da Festa do Mexillón de Rianxo.

O grupo londinense KOLO (brip-pop) achégase a Rianxo para presentar o seu traballo discográfico " Do you want to rule the world", o concerto terá lugar o xoves 23 de xullo ás 23.00 horas na Praza Rafael Dieste. Con risco de chuvia trasladarase ó Auditorio de Rianxo KOLO

Entre o 23 e o 26 de xullo, terá lugar en Rianxo a Feira do Libro. HORARIO Mañás: de 12.00 a 14.00 horas, fins de semana e festivos ata 14:30. Tardes: de 18.30 a 22.30 horas PROGRAMA Día 23. Xoves 12.00 Animación de rúa. Velocíclopes, a cargo do grupo Fantoches Baj. 13.00 Inauguración. Actuación musical de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara) ...

O vindeiro 31 de xullo e 1 de agosto, terá lugar no Auditorio de Rianxo o 1º Encontro deseñadoras e deseñadores galegos. Asociación Galega de Deseñadores

Advertidos os seguintes erros no Programa de man do Verán Cultural 2015: Sábado 18, 23:00 h, Pr. Castelao: Concerto de folc a cargo de OS PERUCOS, dentro da programación previa á Festa da Xouba organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios. No programa pon o venres 17. Xoves 23, Feira do Libro de Rianxo, a inauguración da feira é as 13:00 h, non ás 13:40 como aparece no programa.

Xa podedes consultar o cartaz anunciador do Verán Cultural 2015 no Concello de Rianxo

O sábado 25 de xullo, ás 21.00 horas na Praza Virxe de Guadalupe, concerto conxunto da Banda Municipal de Música de Boiro e a Banda da Escola de Música de Rianxo, pertencente ao XI Ciclo de Bandas que se está desenvolvendo no Verán Cultural 2015.

Do 16 ao 19 de xullo, terán lugar na parroquia de Taragoña as Festas do Verán.

O sábado 25 de xullo celébrase en Rianxo a XXIII Festa da Xouba, durante todo o día desenvolveranse diferentes e variadas propostas.

No fin de semana previo á XXIII Festa da Xouba de Rianxo terán lugar unha serie de propostas que complementan o que se desenvolverá o propio día da festa, o 25 de xullo. O venres 17 e sábado 18 de xullo realizaranse showcooking, ruta da xouba polos locais hosteleiros con sorteos e concerto dos Perucos.

Continuando o XI Ciclo de Bandas, nesta ocasión a Agrupación Musical de Goián achégase a Rianxo. O concerto realizarase o sábado 18 de xullo, ás 21.00 horas, na Praza Virxe de Guadalupe.

Celebración das festas da Virxe do Carme, patroa da xente do mar, do 10 ao 12 de xullo e a propia data, 16 de xullo, festivo local.

A Agrupación Teatral Criaturas presenta a súa obra "Mais mamá que nunca", o sábado 11 de xullo ás 21 horas no Auditorio de Rianxo.

Concerto pertencente ao XI Ciclo de Bandas de Música, o domingo 5 de Xullo ás 21 horas na Praza Virxe de Guadalupe.

O sábado 4 de xullo ás 22:30 da noite, se as condicións meteorolóxicas o permiten, organizarase unha actividade de observación astronómica fronte ao busto de Castelao, no Paseo da Ribeira.

O 17 de xullo é o terceiro venres do mes de xullo, así que no Campo de Arriba ten lugar a Feira Labrega e Artesana de Rianxo, Sachos á Rúa.

Feira Labrega e artesana de Rianxo, Sachos á Rúa, agora celébrase o primeiro e terceiro venres de cada mes. No mes de xullo, os venres 3 e 17, a partir das 6 da tarde no Campo de Arriba.

O VELEIRO JOAQUÍN VIETA EN AROUSA NORTE Rianxo: do 30 de xuño ao 5 de xullo Boiro: do 14 ao 19 de xullo A Pobra do Caramiñal: do 21 ao 26 de xullo Riveira: do 28 de xullo ao 2 de agosto PREVISIÓN DAS SAÍDAS: faranse tres saídas diarias que se repartirán no seguinte horario - De mañá: de 12.00 a 14.00 h - De tarde: de 15.00 a 17 h e de 18.00 a 20.00 h DESCRICIÓN DAS SAÍDAS: as saídas...

O vindeiro sábado 27 de xuño, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar unha Exhibición Benéfica de Capoeira a favor do pobo saharaui.