Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO PERMANECERÁ PECHADA DO 14 AO 28 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DESCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS

A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de...

O vindeiro sábado 14 de xuño no Auditorio de Rianxo: 18.00 horas - os benxamíns - a guerra de nunca acabar 21.00 horas - os alevíns -  un macabro fin de curso

Un ano máis a Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo organiza o IX SERÁN Mar de Rianxo; será o vindeiro sábado 31 de maio a partir das 20.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.

O Cadro Artístico Airiños achégase de novo ás parroquias rianxeiras cun novo espectáculo de TEATRO EXPRESS, nesta ocasión o título é TAXI ! (a pequena gran historia de Lestrove, taxista de Rianxo).

A observación prevista en Asados, no CEIP Ana Mª Diéguez, trasládase para o vindeiro venres 16 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpas polas molestias ocasionadas

A observación astronómica prevista para o 9 de maio trasládase ó venres 16 de maio. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O vindeiro venres 9 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha conferencia-coloquio a cargo de Xosé Luís Axeitos arredor do poeta Xosé Díaz Castro o cal este ano se lle adican as Letras Galegas.

Do 9 ao 21 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Catálogo

Carlos Blanco achégarase a Rianxo co espectáculo Ao vivo (de momento...), será o próximo venres 16 de maio no Auditorio. Haberá dúas funcións, unha ás 20.00 e outra ás 22.00 horas. A entrada anticipada ten un custe de 8 € e xa están á venda na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. O propio día das funcións, na taquilla, serán a 10 €. Carlos Blanco. Ao vivo (de momento...)

O próximo sábado 10 de maio, ás 20.30 horas, a compañía de teatro do Centro Dramático Galego achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra recen estreada Longa viaxe cara á noite de Eugene O'Neill. A obra está dirixida por Manuel Guede Oliva e representada polo elenco de actores galegos como son: Luisa Merelas, Alberto Rolán, Gonzalo Uriarte e Marcos Viéitez. As entradas teñen un...

O vindeiro sábado, 3 de maio, desenvolverase no Paseo da Ribeira, frente ao busto de Castelao, ás 22:30 horas, unha observación astronómica na que se intentaremos ver Marte, Xúpiter, Saturno,  Orión, a estrela dobre Castor,... Anímate a participar!!!

O Festival Antrospinos miúdo que tivo que ser aprazado debido ás condicións meterolóxicas adversas . Xa hai nova data, o 24 de maio.

As exposicións: Os paraugas da paz do CRA de Rianxo Picasso visto por Catelo Amplian o tempo de exposición, así que poden visitarse ata o sábado 3 de maio.  

En Rianxo, no monolito no antigo Campo de Concentración, o domingo 13 de abril ás 12.30 horas.    

Os paraugas da paz, exposición a cargo do alumnado do CRA de Rianxo, poderase visitar dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. O acto de exposición terá lugar o vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas.

Dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pódese visitar a exposición PICASSO VISTO POR CATELO, na que se poden ver tallas de madeira realizadas por Vicente Iglesias Sobradelo nas interpreta as principais obras do pintor Pablo Picasso. O acto de inauguración será o  vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas. Folleto da exposción en Rianxo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014 (DOGA núm. 48 do martes, 11 de marzo de 2014) O prazo de presentacións de solicitudes remata o 11 de abril. Máis información

A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XI aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, dirixido a  nenos e nenas menores de 12 anos que estuden nos colexios de Rianxo, que se celebrará o día 3 de Maio. Bases do concurso Ficha de inscrición

Do 4 ao 6 de abril terá lugar en Rianxo o 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento. Para consultar o programa e máis información pode consultar a seguinte...