Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O próximo venres 13 de decembro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes. No acto, ademais do autor do libro, participarán a poeta Helena Villar Janeiro, o poeta F.R. Lavandeira, o editor Henrique Alvarellos e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños. Máis información

O próximo sábado 14 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o pre-lanzamento especial do primeiro disco de Nelson Quinteiro; a orquesta GHARBO. Xunto con Nelson Quinteiro estarán Alex Lorenzo, Pulpiño Viascón, Fran Castro, Eduardo Méndez "Dubi" e as colaboracións especiais dun coro de homes da charanga "Os Estalotes" de Santiago de Compostela, a cantautora Silvia...

A Deputación da Coruña publicou a convocatoria (BOP núm. 217, do xoves 14 de novembro do 2013) de subvención dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil) con dúas convocatorias específicas, unha para a realización de actividades culturais e outra para a realización de investimentos culturais. Así como tamén convocatorias específicas para...

O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. As entradas son gratuítas e poden retirarse, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo da representación. Blogue Teatro de Cámara Ditea Acto imprevisto

O próximo sábado 16 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral A filla de Woody Allen a cargo de Ibuprofeno Teatro. As entradas terán un custe de 5€ e poden retirarase dende 2 horas antes da función. Blogue Ibuprofeno Teatro Blogue A filla de Woody Allen

O próximo venres 15 de novembro, ás 18.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal unha sesión de animación á lectura titulada BABACONTOS a cargo de Larraitz Urruzola.

O Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Asados vai representar no Auditorio de Rianxo os vindeiros 8 e 9 de novembro a obra O cabaré dos 80...anos de Airiños. As funcións serán as 21.00 horas e as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da representación. Grupo de teatro Airiños

As exposición Zeramiks de Fran Lareo e a exposición fotográfica NOVE X 9 do colectivo do mesmo nome ampliase ata o próximo 2 de novembro.

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas imos a acampar na Biblioteca Pública Castelao. Será a noite do venres 25 ao sábado 26 de outubro, así que prepara as túas cousas e ven durmir con nós. Faranse moitas actividades: teatro, obradoiros, xogos, animación á lectura, contacontos,.. Está destinado a un público familiar para nenos/as a partir de 4 anos e acompañados por unha...

O próximo 25 de outubro, ás 18.00 h, na Biblioteca Pública Municipal terá lugar un Teatro Contacontos con Mundo Piruleta na que representarán Os trasnos da Biblioteca. Está destinado a un público infantil, na que as idades recomendadas son de 4 a 10 anos. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 23 de outubro. Mundo piruleta

O próximo sábado 26 de outubro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación O método Gröholm de Jordi Galcerán a cargo de Talía Teatro. A obra está dirixida por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo e Dani Trillo. Unha comedia destinada para un público maior de 13 anos. As entradas, máximas 2 por persoa, poden retirarse unha hora...

O domingo 20 de outubro, organizado por "Pega no Livro": rede aberta de cubs de lectura realizarase en Rianxo e Taragoña a II Ramagem literária. Cambio horario na presentación de Quico Cadaval e Carlos Quiroga do O Crânio de Castelao, adiantarase media hora, en vez de ser ás 18.00 horas será ás 17.30 h. Programa Máis información

O próximo sábado 19 de outubro, desenvólvese no Auditorio de Rianxo, o V Encontro Internacional de Didáctica do Portugués, organizado pola Associaçao Docentes Portugês na Galiza coa colaboración do Concello de Rianxo e Camoes Portugal Instituto da Cooperaçao e da Lingua. Descarga do programa Máis información: Associaçao Docentes Portugês na Galiza

Rianxo volta coa Rede de Músicas Soltas o outono cun novo concerto. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo Primordiais, dúo formado por Marcelo González na voz e Luís Martíns coa harpa, adaptan do repertorio tradicional da zona de Soutomaior as súas inquedanzas e ideais sobre a músicas popular reinterpretada. Ofrecen un concerto íntimo e próximo con...

O escritor mozambiqueño CREMILDO BAHULE achégase a Rianxo dentro do programa destinado á promoción da creación literaria e artística organizado por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo. VENRES 11 DE OUTUBRO - 18.00 HORAS - BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO DE RIANXO Lectura e conversa arredor da peza teatral  "Naçáo Laranja". Entrada libre ata completar aforo. venres...

Do 1 ao 11 de outubro son as datas para a formalización da matriculación na UNED SENIOR. As persoas preinscritas na materia de INFORMÁTICA BÁSICA poden pasar polo Auditorio ou por Servizos Sociais para formalizar a matriculación. Na materia de CULTURA MUSICAL  DE GALIZA aínda quedan prazas así que se estás interesado/a ata o 11 de outubro aínda podes matricularte. Para máis...

Comenzan no  Concello de  Rianxo as inscricións para o próximo curso de Educación de Adultos, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en obter o Título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO).  O prazo remata o próximo 11 de outubro e poderanse inscribir,  tódolos días en horario de mañán e martes e venres de 19.30 a 21.30, nas oficiñas dos  Servizos...

O sábado 5 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o IV Festival Folclórico Galego, organizado polo Ballet Folclórico Galego coa colaboración do Concello de Rianxo. No festival contarase coa participación de diferentes agrupacións, que son as seguintes: Ballet Folclórico Boirense (Boiro) Agrupación Folclórica Verdes Piñeiros (Asados) Agrupación Folclórica...

A apertura da exposición terá lugar o sábado 5 de outubro, ás 12.00 horas.

Do 5 ao 26 de outubro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición Zeramils do escultor Fran Lareo. FrAn LaREo naceu en Brión no  1966 ( A Coruña) empeza a deseñar escultura en pequeno formato en 1998. Todas as esculturas están feitas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu pequeno laboratorio, situado en Santa Minia, Brión. Todas as pezas...

O próximo venres 4 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Iria de Anxo Angueira. O acto contará coa participación de X. L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira,

Dentro do programa anual de exposicións que desenvolve a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, iniciará a súa andaina a mostra titulada AZUL DE LÚA, da pintora rianxeira Elena González Mayo. Poderá visitarse no Auditorio de Rianxo desde mañá sábado ás 11:00 horas (ás 12:00 a autora atenderá a medios e visitantes) e permanecerá aberta ata o vindeiro día...

O IX Ciclo de Bandas chega ao seu fin, o último concerto corre a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo que realizarán un concerto no que interpretarán pezas que soaban nas VERBENAS dos anos 60, 70 e 80. Ao rematar estará a Charanga Nasa e un DJ. O concerto será o próximo venres 23 de setembro, ás 22.00 horas, na Praza Virxe da Guadalupe (xunto ao Mercado Municipal) O Ciclo de Bandas...

O próximo sábado 24 de agosto, ás 21.30  horas, terá lugar na Praza Rafael Dieste o XI Certame de Música e Baile Tradicional Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. O Certame está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.

O próximo sábado 10 de agosto, ás 12.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a inauguración da exposición de Óleos da pintora Teresa Argibay. A exposición poderá visitarse ata o próximo 31 de agosto,  de martes a sábado de 11.00 a 13.30 horas.

O próximo sábado 10 de agosto, as 22.30 horas, no Campo de Arriba terá lugar o concerto a cargo do grupo Media Ducia Folk. A actuación atópase enmarcada dentro da programación do Verán Cultural 2013 pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Media Ducia Folk Media Ducia Folk- A jota de Imende

A UNED SENIOR Un proxecto educativo universitario pensado para persoas maiores de 55 anos co fin de enriquecer os seus coñecementos. Para participar non fai falla ter ningún estudo anterior. CURSO ACADÉMICO 2013-2014 - primeiro cuadrimestre Dende outubro a xaneiro MATERIAS Informática Básica I (profesor Carlos Ces) Cultura Musical de Galiza (profesor José Luís do...

O concerto previsto para hoxe pola noite, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste a cargo do grupo HOT JAZZ SWINGERS trasládase para o Auditorio de Rianxo debido ás condicións metereolóxicas adversas previstas.

O sábado 3 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar o último dos concertos de jazz programados no Verán Cultural, nesta ocasión o Combo do Curso de Jazz da Escola de Música de Rianxo e Alfredo Susavila Trio ofrecerán un concerto na Praza Rafael Dieste. O concerto conta coa colaboración da Escola de Música e o Concello de Rianxo. Escola de Música de Rianxo Alfredo Susavila

O venres 2 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste, terá lugar o concerto do grupo de jazz HOT JAZZ SWINGERS dentro da programación Noites de Jazz do Verán Cultural 2013. O concerto forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña St. Louis Blues

Comezan as Noites de Jazz co concerto de Roberto Somoza Trio, este xoves 1 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste. O concerto forma parte da programación do Verán Cultural e da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Roberto Somoza

Xa está dispoñible o folleto do mes de agosto coa programación do VERÁN CULTURAL. Verán Cultural

Durante o mes de AGOSTO o horario do CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO será o seguinte: De martes a sábado: De 11.00 a 13.30 horas. Neste horario os servizos que se prestarán son os seguintes: Visita a exposicións Aula de Estudo Aula de Informática Servizo de Animación e Información Xuvenil

SUSPÉNDESE: O ESPECTÁCULO UNHA CADEIRA PARA MOVER O MUNDO DA COMPAÑÍA FEMME FATALE PREVISTO PARA HOXE ÁS 22.30 H, DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA FEIRA DO LIBRO, EN SINAL DE LOITO POLA TRAXEDIA FERROVIARIA OCORRIDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

SUSPÉNDENSE: O ACTO INAUGURAL DA FEIRA DO LIBRO E TODAS AS ACTUACIÓNS PREVISTAS PARA O DÍA DE HOXE EN SINAL DE LOITO POLA TRAXEDIA FERROVIARIA OCORRIDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NO DÍA DE ONTE.  

O concerto da Escola de Música de Rianxo interpretando a obra Retrincos de David Fiuza previsto para o xoves 25, ás 21.00 horas no Campo de Arriba trasládase para a Praza Rafael Dieste no mesmo horario. O concerto forma parte da programación que se vai desenvolver dentro da Feira do Libro de Rianxo, que se celebrará dende o 25 ao 28 de xullo.

O próximo xoves 25 de xullo chega a FEIRA DO LIBRO a RIANXO, dende ese día ata o domingo 28 poden visitala na Praza Castelao. O horario é o seguinte: 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas (o venres Noite branca e estará aberta ata as 24.00 horas) A Feira está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo e co patrocinio...

Nesta ocasión o escritor, João Tordo, será o encargado de impartir un OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA e a realización dunha CONVERSA. Estas actividades están organizadas por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo e forman parte do programa destinado á promoción da creación literaria e artística. OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA Venres 2 e sábado 3 de agosto, de 11.00 a 14.00...

Xa chega a VI Edición do FESTIVAL ANTROSPINOS, máis información en: Festival Antrospinos