Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

No Auditorio de Rianxo, o vindeiro sábado 27 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar a representación teatral da obra Merlín a cargo da compañía Quinquilláns. Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos. As entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes da función. Para máis información poden consultar a seguinte ligazón.

O próximo venres 26 de outubro, as 20.30 horas, proxectarase no Auditorio de Rianxo a película "Los muertos van deprisa" do director gañador de 3 premios Goya, Angel de la Cruz e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. "Los muertos van...

Do 23 de outubro ao 10 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición do pintor Deli Sánchez titulada alén da paisaxe pinturas da terra. A inauguración terá lugar o próximo martes 23 de outubro ás 20.00 h. Pode consultar máis información sobre o artista na súa páxina web http://delisanchez.com/

  Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que desenvolverá o poeta Elías Portela. Organizado pola Editorial Axóuxere en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase os vindeiros venres 19, de 20:00 a 21:30, e sábado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de...

A Casa Museo de Manuel Antonio ten o seguinte horario de apertura: VENRES: de 16.00 a 20.00 horas SÁBADOS: de 10.00 a 14.00 horas As visitas guiadas para grupos organizados deben solicitarse e concertarse previamente no seguinte teléfono 981 100 688 ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou animacioncultural@concelloderianxo.

O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española. O PRIMEIRO "TORNEO" TERÁ LUGAR O DÍA 5 DE OUTUBRO NO CURRAL DO MARQUÉS, (TARAGOÑA, RIANXO). DE AÍ SUCEDERANSE CADA MES POR...

A Asociación Escola de Música de Rianxo abre o prazo de matrícula para o curso 2012-2013, e rematará o 28 de setembro. Información e entrega de matrículas nas oficinas do Auditorio: *Os días 25, 26, 27 e 28 de setembro de 11.30 h a 13.30 h e de 19.00 h a 21.00 h *Tfno. 671 058 555 *E-mail: escolademusicaderianxo@gmail.com

 O Concello de Rianxo e a plataforma Vitaminas para o galego están a levar a cabo unha campaña denominada "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos e mozas polo idioma galego. A actividade consiste nun concurso fotográfico onde os participantes deberán, cunha camisola facilitada de xeito gratuito polo Concello o próximo sábado 22 de setembro na Praia de...

Desde o día 18 deste mes estará aberto o período de inscrición para o Programa de Educación de Adultos da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Aquelas persoas que estén interesadas poderán inscribirse no centro de Servizos Socias todos os días de 10 as 13 horas e os martes e xoves de 19:30 as 21 horas ata o vindeiro 5 de outubro. Requisitos: Ter 18...

A banda da Escola de Música de Rianxo poñerá o peche ao VIII Ciclo de Bandas de Música, co concerto "Unha noite de amor con Lela", o sábado 25 de agosto ás 21.30 horas na Praza de Rafael Dieste.

O sábado 18 de agosto terá lugar na Praza de Rafael Dieste o X Certame de Música e Baile Tradicional ALEIVOSÍA, organizado pola Asociación Cultural FOGO FATUO.

Dentro do VIII Ciclo de Bandas da Escola de Música de Rianxo, o venres 17 de agosto terá lugar o concerto da banda de Música de Sta. Cruz de Ribadulla "Noite de Zarzuela", ás 21.30 horas na Praza de Rafael Dieste.

O venres 3 e o sábado 4 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas, no Auditorio, desenvolverase un OBRADOIRO DE CREACIÓN POÉTICA E SLAM A CARGO DA POETA MALLORQUINA IRENE LA SEN. Para participar no obradoiro, aberto a toda persoa interesada, haberá que inscribirse no email cultura@concelloderianxo.es ata as 12:00 horas do xoves 2 de agosto. Asemade, Irene La Sen desenvolverá un recital o vindeiro...

Os días 11 e 12 de agosto, terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo a III Festa do Mexillón, organizada polo Club de Remo Rianxo.

O sábado 11 de agosto ás 22.30 horas, no marco da III Festa do Mexillón, actuará o grupo folc FOL DE VENENO, dentro do programa REDE CULTURAL 2012, promovido pola Deputación da Coruña.

O venres 10 e o domingo 12 de agosto ás 21.00 h no Auditorio de Rianxo, a AGRUPACIÓN TEATRAL CRIATURAS representará a obra teatral “UN XENRO PARA O SR. ALCALDE”.

O martes  7 agosto terá lugar no Campo de Arriba, en Rianxo, o concerto de CHIMANGO - Comando Rumbero, ás 22 horas.

O domingo 5 de agosto ás 21.30 do serán, teatro para nenos na Praza de Rafael Dieste: PETER PUNK. O NENO IMPERDIBLE.

A compañía Volta e Dalle Teatro representará a obra “MENCIÑEIROS” o sábado 4 de agosto ás 22.30h na Praza de Rafael Dieste. Descarga do dítico  

O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das...

O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.

O venres 27 de xullo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.

O xoves  12 de xullo ás 20.30h presentarase a obra PRANTO MATRICIAL na voz do seu autor de Valentín Paz-Andrade, editado polo Consello da Cultura Galega dentro da súa colección ‘As nosas voces’, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/n (Parque Galicia).                          

A Agrupación Teatral Criaturas representa "Non hai ladrón que por ben non veña" polas parroquias. Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola) Xoves 19 de...

A Escola de Música de Rianxo organiza o concerto de fin de curso 2012 de clarinete, trompa, tuba, trombón, bombardino, percusion e banda infantil. Terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00h no Campo de Arriba, agás en caso de choiva, que se trasladaría ao Auditorio.                    

Os horarios dos museos de Rianxo durante o verán serán os seguintes: Casa Museo de Manuel Antonio martes a sábado de 10.00 a 14.00 Museo do Mar martes a sábado de 17.30 a 20.30 domingo de 11.00 a 13.30

O sábado 30 de xuño terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo un concerto en favor dos refuxiados saharauis, do Programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz". As actuacións musicais irán a cargo de Verdegaio e Orquestra Os Modernos.      

O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego...

O 30 de xuño terá lugar, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, unha proxección de curtas en galego e un obradoiro de dinamización, toda unhna experiencia audiovisual no cinema máis pequeno do mundo. Dirixido a rapaces de 6 a 12 anos, que poderán inscribirse no Auditorio de Rianxo ata o 29 de xuño, ata 20 participantes. O evento terá lugar na Praza Castelao entre as 17...

O sábado 23 de xuño ás 20.00 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o Festival da Agrupación de Pandeiretas teixedal.

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información

O domingo 3 de xuño, ás 20.00 h, no Auditorio de Rianxo terá lugar un CONCERTO DE FRAUTA para clausurar o I Curso de Frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo. O concerto atópase enmarcado dentro dos actos para conmemorar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.  

O grupo de música tradicional Río de Anxo ofrecerá un concerto o sábado 2 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O aforo é limitado. A retirada de entradas comezará unha hora antes do inicio do concerto.

Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme...

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

O luns 28 de maio ás 12.30 inaugúrase a exposición de pintura e escultura "Lembranzas mariñas", de Nolo Suárez e "Xeomaquias" de Nando Pereiro, no Auditorio de Rianxo. A exposición permañecerá aberta o propio luns da inauguración e ata o sábado 23 de xuño nos horarios: martes a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 sábados de 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 Descarga do dítico...

Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades: PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO Na Praza Castelao, dende  as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana. OBRADOIRO DE...

O vindeiro sábado día 19 de maio, ás 12.30 h, terá lugar no Salón de Plenos da casa do concello un Acto Institucional con motivo das Letras Galegas en homenaxe a VALENTÍN PAZ ANDRADE, coa participación de Xosé Luís Axeitos e Alfonso Paz Andrade.

No Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo terá lugar, do 4 ao 23 de Maio a exposición fotográfica RETROSPECTIVA a cargo do Foto Club Sávora. As fotos expostas pertencen aos seguintes fotógrafos:     Óscar Iglesias     Xoan Antón Castro     Caxenas     José M. Prado     Oscar Reboiras ...