Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O sábado 9 de marzo, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes de Rianxo o Ensemble de músicas da Escola de Música de Rianxo organiza un concerto baixo o título de Música en Feminino.

O 24 de febreiro celébrase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o Concello de Rianxo organiza unha serie de propostas do venres 22 ao martes 26 de febreiro.

O vindeiro domingo 17 de febreiro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto de clausura do curso de frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo.

O próximo xoves 21 de febreiro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a preestrea de Carpe Diem, o novo espectáculo de Excéntricas. Recomendada para un público maior de 16 anos. Duración 90 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Esta función forma parte do...

O vindeiro venres 15 de febreiro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a proxección da webserie A Partida de Voufilms. A entrada é de balde ata completar capacidade. A partida conta a historia de catro homes e dúas mulleres que coinciden nunha partida clandestina de póker na busca dunha oportunidade para refacer as súas vidas. Utilizando o recurso dos...

A comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza organiza o vindeiro venres 15 de febreiro, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio a presentación do caderniño número dous da colección Episodios Republicanos Barbanzáns dedicado ao rianxeiro Xesús Redondo Abuín.

A compañía Butaca Zero achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 9 de febreiro co seu espectáculo #camiños Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, vén da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coas cidades. Os poemas de Rosalía coa música...

Como novidade neste cuadrimestre impartirase unha nova materia: Historia e narración oral para internet impartida por Román Castaño e Miguel Silva.

O venres 25 de xaneiro, ás 19.00 horas, celebrarase no Auditorio de Rianxo a XX Conferencia Anual da Fundación Plácido Castro.

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira representa o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa nova obra teatral Cousas de Castelao. Está destinado a un público familiar, para nenos e nenas a partir de 7 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes da función na billeteira do Auditorio, máximo 2 por...

A compañía de teatro Voadora atópase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando o seu novo espectáculo teatral "Hemos venido a darlo todo" . A preestrea da nova produción realizarase en Rianxo o xoves 24 de xaneiro, ás 20.30 horas. O espectáculo conta con efectos de iluminación estroboscópica. Atención persoas epilépticas. Está recomendada para un público maior de 14 anos. A...

O vindeiro sábao 19 de xaneiro, ás 12:30, terá lugar no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de poemas "O Xiro", da rianxeira Noelia Gómez, libro gañador do Premio López Avente 2018. No acto participarán Raquel García Abuín (filóloga e concelleira de Cultura de Rianxo), Roberto Abuín (filósofo, editor e escritor) e a propia autora.

O vindeiro sábado 19 de xaneiro, ás 20:30 h, no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo, terña lugar a charla coloquio "Mestras galegas na II República: contributos e represión posterior", a cargo da profesora e investigadora Aurora Marco. O acto estará presentado polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

O vindeiro venres 18 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo, terá lugar a charla- coloquio: "A aposta pola nova educación pública: republicanismo, socialismo, galeguismo nos anos 30 do s. XX, a cargo do profesor e investigador Antón Costa Rico. O acto estará presentado polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2019. Xa podes consultar a programación completa.

Dentro da programación dos Actos Castelao 2019, o Concello de Rianxo organiza o xoves 17 de xaneiro unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para visitar as exposicións Castelao maxistral: a boa obra ao mestre honra (Museo Centro Gaiás) e Alba de Gloria de Castelao: unha experiencia (Igrexa de San Domingos de Bonaval) As prazas son limitadas e a inscrición realizarase ata o 14 de xaneiro,...

A Deputación da Coruña acaba de publicar as Bases Reguladoras da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña e convocatoria para 2019. Coa Rede Cultural conectan o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudan á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos: ESCENA AO VIVO....

Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de Reis. O sábado 5 de xaneiro recibiremos as súas maxestades en Rianxo, cunha gran CABALGATA DE REIS. Dende as 17.30 horas na Praza Castelao realizarse un Belén Vivinte coa ambientación a cargo da Asociación Fogo Fatuo. Ás 18.45 está previsto que os Reis cheguen ao Porto de Rianxo onde subirán ás carrozas reais e desfilarán por diferentes...

Obradoiro de pintura de cartón pedra, destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o vindeiro venres 28 de decembro, de 17 a 19 horas, no Auditorio de Rianxo. Realizaranse diversos elementos decorativos para as carrozas dos Reis Magos. Prazas limitadas previa inscrición, no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 100 688.  

A exposición "Castelao e os cruceiros. Autobiografía e experiencia vital" de Florencio Maíllo, atópase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios habituais de apertura do auditorio, do 21 de decembro ao 2 de febreiro. Visita guiada polo propio autor, o 25 de xaneiro ás 20 h.

Cayetano Lledó co espectáculo Le Cirque na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 28 de decembro ás 19.00 horas. Recomendado para maiores de 3 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio. Pertencente ao programa Rede Cultura da Deputación da Coruña. Sitio web Cayetano Lledó...

O sábado 29 de decembro, no Auditorio de Rianxo, terá lugar o concerto de fin de ano da Banda da Escola de Música de Rianxo. Nesta ocación desenvolverase unha Gala Lírica coas interpretacións dos solistas, a soprano Cecilia Rodríguez e o tenor Diego Neira. Realizaranse dúas sesións, unha ás 18.30 e outra ás 20.30 horas. A entrada é de balde, poden retirarse os convites os mércores 19 e 26 de...

Martín Camiña ilusionista co espectáculo Maxia con prebe de lingua na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 21 de decembro ás 19.00 horas. Recomendado para maiores de 8 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio. Pertencente ao programa Rede Cultura da Deputación da...

O domingo 23 de decembro, ás 19.00 horas, a Asociación Fogo Fatuo celebra o Fetival de Nadal no Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo do festival (máximo 2 por persoa) Máis información na páxina de facebook da asociación

A Escola de Música de Rianxo organiza o Festival de Nadal o vindeiro sábado 22 de decembro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Realizarase en dúas sesións, unha ás doce da mañá e outra ás sete da tarde. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo das sesións. Máis información na páxina de facebook da Banda Escola de Música de Rianxo

Xa queda pouquiño para que comece o 2019 e tamén para a noite máis máxica do ano, a #noitedereis. Os Reis Magos xa están todos atarefados cos preparativos e piden da vosa axuda para a Cabalgata no Concello de Rianxo. Podes facelo de moitas maneiras: acompañando a comitiva, na organización... Chama ao 981 100 688, envía un correo a cultura@concelloderianxo.gal ou pásate polo Auditorio. Servizo...

O sábado 12 de xaneiro, ás 20.00 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá por primeira vez o novo espectáculo Tempos Modernos con David Perdomo e Duarte Galbán. Como escribe o propio Duarte no seu Facebook "Non vos imaxinades as ganas que tiña de contarvos que... ESTREO MONÓLOGO! 💃🏿 E como non podía ser doutro xeito, vai ser co “broda” DAVID PERDOMO, o 12 de xaneiro no...

O teatro volve á sala Arcos Moldes de Rianxo, nesta ocasión da man de Contraproducións coa peza Commedia. A representación teatral será o sábado 15 de decembro, ás 20.30 horas. Recomendada para maiores de 8 anos. Duración aproximada de 80 minutos. Proposta enmarcada no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde ata completar capacidade. Estarán dispoñibles dende...

A asociación Ondiñas Mainas organiza no Cuartel Vello de Rianxo o Belén Rianxeiro. Poderá visitarse dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Os horarios de apertura son os seguintes: De luns a sábado de 17.30 a 20.00 horas. Domingo de 11.30 a 14.00 horas.

Nos concellos da mancomunidade Arousa Norte a Asociación Alberto Romero organiza unha serie de actividades formativas audiovisuais. No Concello de Rianxo terán lugar os sábados 24 de novembro e 1 de decembro en horario de 17.00 a 19.00 horas na aula de informática do Auditorio de Rianxo. Máis información no sitio web da Asociación Alberto Romero

Dentro da programación de Rianxo en Negro, o próximo domingo 25 de novembro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto a cargo do grupo Barahunda e acompañados de Tero Rodríguez. As pezas que se interpretarán forma parte do legado sonoro de Jacinta Landa Vaz.

En decembro, os sábados pola tarde, desenvolverase un OBRADOIRO DE ESCULTURA EN CARTÓN PEDRA destinado a adultos e mocidade maior de 14 anos. O obxectivo é aprender unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica. Ideal para crear pezas de gran formato. As pezas creadas neste obradoiro formarán parte dos adornos da cabalgata de reis. A inscrición é gratuíta e as prazas son limitadas. O prazo de...

Os Quinquilláns achéganse á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra teatral Language Planning. A representación terá lugar o sábado 24 de novembro ás 20.30 horas. Destinada a todos os públicos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Proposta enmarcada dentro do programa Rede Cultural da...

O venres 23 de novembro, ás 20.00 h., no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro do rianxeiro Ramón Torrado Romero, que se titula Rebeca. No val das sombras ardentes. Acompañarán o autor nesta presentación o alcade de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez e Patricia Torrado Queiruga, da editorial Toxosoutos.

O venres 16 de novembro, ás 22.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio van proxectarse a curtametraxes realizadas polo rianxeiro Fran X. Rodríguez. As curtometraxes que se proxectarán serán as seguintes: O cerco "Ladrones del tiempo" E a estrea na nova curtametraxe Beatiful Boy Na proposta contarase coa presenza de Fran X. Rodríguez que realizará unha breve presentación das curtas. ...

O vindeiro venres 23 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo desenvolverase un recital poético musical, De abrentes e ocasos, da poesía galega contemporánea. Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza. Desde o eido da poesía...

A exposición da Deputación da Coruña do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo atópase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios habituais de apertura do auditorio, do 9 ao 20 de novembro.

O II Ciclo de Novos Intérpretes continúa e nesta ocasión o concerto correrá a cargo do rianxeiro Pablo Sobradelo Rivas coa trompa e estará acompañado por Pablo Rodríguez Fernández ao piano. O concerto será o vindeiro venres 16 de novembro, ás 20.30 h, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. 30 de novembro, 20.30 h: Félix Rodríguez Ramos (bombardino) con Jorge Briones Martínez (piano),...