Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actualidade

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as...

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 23 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de ​​​​​​​Benestar Social, Diversidade e Igualdade. Saída Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira 08:45 h. Control de participantes 09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado Percorrido Ruta circular que transcorre...

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO NOTA: Os premios da VII Carreira Popular Concello de Rianxo son acumulativos, sendo premiados os tres primeiros clasificados/as de cada categoría (Artigo 8. das bases de regulación). Deste xeito, os primeiros clasificados nos que aparece un -1 no apartado de posto, optarían ao premios tamén na súa categoría.

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. Circuíto de Carreiras...

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 1 de outubro de 2019 ao 30 de maio de 2020. Estes horarios poderán sufrir modificacións ao largo da tempada de inverno. Información e reservas nos Pavillóns Polideportivos. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O sábado 7 de setembro celebrarase a 5ª edición do Slálom Concello de Rianxo. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición, conta coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h. A proba é de carácter nacional e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI...

O sábado 7 de setembro disputarase en Rianxo o III TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. Bases de organización do III Tríatlon Federación Galega de Tríatlon (+info e inscricións) Inscríbete en liña

O sábado 31 de agosto, ás 18:30 h, disputarase a primeira edición da Bandeira de Traiñeiras de promoción feminina, organizada polo Club Remo Rianxo e coa colaboración do Concello de Rianxo.

O 29 de setembro celebrarase en Rianxo a terceira edición da Andaina Barbanza 25 km, do VI Open de Andainas de Galicia, organizada por Vintedouspés Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo. Hai dous percorridos distintos: - Unha ruta de 25 km (oficial) de dificultade media e cunha duración aproximada de 5 horas. - Outra ruta de 15 km (opcional), tamén de dificultade media e cunha...

Este sábado, Rianxo converterase, un ano máis, na capital galega do xadrez, coa disputa do XI Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo e coa colaboración do Servizo de Deportes. Máis de 200 persoas participantes e a presenza de varios/as grandes mestres/as e mestres/as internacionais, aseguran un torneo de altísimo nivel deportivo, con máis de quince...

Os tres clubs de fútbol do concello con equipo sénior (CCD Taragoña, SD Araño e CD Unión)  competirán polo trofeo do Concello, organizado nesta edición polo CD Unión. O trofeo disputarase o domingo, 25 de agosto, no Campo Municipal de Vilas, a partir das 19 h e a orde dos partidos será a seguinte: 19:00 h SD Araño vs. CCD Taragoña. 20:00 h CD Unión vs. perdedor 1 21:00 h CD Unión vs....

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 19 ao 25 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O vindeiro 16 de agosto vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis de verán 2019. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 14 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 5 ao 18 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O domingo 28 de xullo diputarase en Rianxo a XVI Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-A 2019, da que o Club de Remo Rianxo forma parte. A cita é partir das 12:00 h. no peirao de Rianxo.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 22 de xullo ao 4 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O venres, 19 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, inchables, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de...

O Servizo de Deportes e Barbantia Roda organizan o IV Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo A proba celebrarase o 11 de agosto de 2019, domingo, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m. Inscricións Ata o xoves, 8 de agosto, nas seguintes ligazóns de Emesports: Inscrición Andaina - 3 € Inscrición Trail - 6 € ...

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2019, que se celebrará o  17 de agosto ás 23 horas. O ano pasado participaron 600 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa mais longa que o ano pasado e se divise desde Rianxo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio... Punto de...

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 1 ao 14 de xullo. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110). Tamén se poderá reservar o Campo de Fútbol Municipal de Vilas. Horarios de apertura e aluguer do 1 ao 14 de xullo  

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos municipais do 24 ao 30 de xuño. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).  

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 17 ao 23 de xuño. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10). Tamén se poderá reservar o Campo de Fútbol Municipal de Vilas.  

A Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza a XX Ruta Castro Barbudo en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina, que se celebrarán o domingo, 14 de xullo de 2019, con saída ás 9 h. desde Campo de Pazos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente...

O Motoclub Jas a Tope organiza a XII Concentración Moteira Concello de Rianxo, que se celebrará do 31 de maio ao 2 de xuño en Rianxo.

A Deputación da Coruña organiza a CAMPAÑA DE VELA 2019, dirixida a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos cumpridos durante o 2019 e empadroados nun concello da provincia da Coruña. Na nosa comarca, as actividades serán en BOIRO, do 1 ao 5 de xullo. Os interesados poderán facer  a súa inscrición en Boiro (981 84 84 25 - deportes@boiro.org) do 03/06/2019 ao 19/06/2019. Tríptico informativo ...

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2019, dirixidos a rapaces/as de 9 a 14 anos, cumpridos durante o 2019, e que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña. Tríptico informativo e ficha de inscrición LUGAR Centro Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington, 24 - A Coruña). QUENDA DE RIANXO 21...

Rianxo vai acoller un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D. Unión e o Concello de Rianxo. Na presentación deste curso participaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Javier García, vicepresidente da RFGF, Yago Iglesias, delegado para o Barbanza do Comité Galego de Adestradores, Lois Ces,...

A fin de semana do 13 e 14 de abril vaise disputar en augas de Rianxo o Campionato Territorial Norte de Bateis, organizado polo Club de Remo Rianxo coa colaboración do Servizo de Deportes. Sábado, de 17 a 19 h. Domingo, de 11:30 a 13:30 h.

Publicanse os horarios de apertura e de reserva dos pavillóns polideportivos municipais que estarán vixentes durante o Entroido, entre o 2 de marzo e o 6 de de marzo. Para formalizar as reservas hai que dirixirxe ao Pavillón de Rianxo ou ao de Taragoña nos seus horarios de apertura (981 86 61 10). Mais información no Servizo de Deportes.

O vindeiro luns, 4 marzo, vaise celebrar no pavillón de Rianxo unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19:30 h. Inchables, obradoiros, xogos... Esperamosvos no pavillón!!!

Nota informativa Con motivo da celebración das festas do entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades Nenos/as: finalizan o venres 1 de marzo e comezan o xoves 7 de marzo . Actividades Adultos: finalizan o venres 1 de marzo e comezan o xoves 7 de marzo.

O domingo 10 de febreiro celebrarase a “VII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en...

NOTA INFORMATIVA 27 DE MARZO Asunto: programa etapa 3, Cea - Dozón (Sábado, 30 de marzo) Programa Etapa 3 NOTA INFORMATIVA 7 MARZO Asunto: programa etapa 2, Ourense - Cea (Sábado, 9 de marzo) Programa Etapa 2 NOTA INFORMATIVA 6 FEBREIRO Asunto: programa etapa 1, Allariz - Ourense   Publícase o programa da etapa 1. En breve publicarase o track do percorrido e o perfil da etapa. ...

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2019, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos entre os 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019) de idade dos municipios coruñeses Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as...

O mércores, 26 de decembro ás 19 h., no Auditorio proxectarase o documental "O soño de Papá", producido por xamalúfilmes e dirixido polo cineasta ourensá Xavier Bermudez, director, entre outras, da película "León e Olvido". O propio autor será o encargado de presentar a proxección da película e ao remate da mesma abrirase unha quenda de intervencións. O Soño de Papá trata da importancia social...

AVISO O campionato disputarase íntegramente en horario de mañá, de 10 a 14:30 h. aprox.     O sábado 15 de decembro disputarase no Pavillón Municipal de Rianxo o Campionato Galego de Grappling e MMA, organizado pola Federación Galega de Loita en colaboración co Club Artes Marciais e Deportes de Combate Rianxo e o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. A competición de Grappling...

O SERVIZO DE DEPORTES COMUNICA O APRAZAMENTO AO 1 DE DECEMBRO DA ANDAINA EN NEGRO PREVISTA PARA O 24 DE NOVEMBRO. Meteogalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico por acumulación de precipitacións a partir das 12 h. do sábado 24 de novembro na provincia da Coruña (alerta amarela), sendo ademais as previsións para as horas anteriores dunha mañá desapracible polo paso do centro dunha borrasca...

O Concello de Rianxo vai pór esta fin de semana a disposición dos clubs de fútbol os novos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal da Lomba. O novo equipamento inclúe dous vestiarios colectivos, un para árbitros/as-técnicos/as e dous adaptados. A construción deste equipamento foi financiada a través do Plan Único da Deputación 2017, cun investimento total de 151.925,28 €, dos que o Concello...

VER CLASIFICACIÓNS DA VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VI Carreira Popular Concello de Rianxo, o xoves 1 de novembro de 2018. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares,...

O Servizo de Deportes pon en marcha o programa de actividades deportivas municipais para a tempada 2018/19, que arrancará o vindeiro 1 de outubro con oferta en todas as parroquias do concello. A partir do mércores 19 de setembro poderán formalizarse as inscricións nas oficinas do servizo, no pavillón de Rianxo e en liña. Engádese tamén a información das escolas deportivas dos clubs...

O Club de Montaña Vintedouspés organiza a II Andaina de 25 km do Barbanza, do V Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita é o 30 de setembro e percorrerá camiños do concello de Rianxo. Hai dous percorridos distintos: Andaina 25 km Dificultade Media Duración estimada 5 h Saída da área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, para dirixirse ao Castro Barbudo, cunha...

O domingo 26 de agosto disputarase, no Campo de Fútbol Municipal de Vilas, a XVI edición do Torneo de Fútbol Concello de Rianxo. Participan os tres clubs do concello con equipos en categoría sénior: CCC Taragoña, que este ano exerce de organizador; S.D. Araño, que defende o título acadado o ano pasado; e C.D. Unión. Horarios dos partidos: 18:30 h. S.D. Araño - C.D. Unión 19:30 h. C.C.D....

O X Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, celebrarase o vindeiro 25 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo. O torneo é valedoiro para para Elo FIDE e forma parte do XIII Circuito Galego de Promoción. Información e inscricións en: xadrezrianxo.com

Os vindeiros 31 de agosto e 3 de setembro vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis Guadalupe 2018. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 28 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.    

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 11 de Agosto de 2018, a partir das 21:30 h, na Praza de Castelao. Tanto a carreira coma a andaina nocturna teñen carácter popular, e nelas poderá participar calquera persoa, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a...

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 30 de xullo ao 5 de agosto. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol). Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O venres, 27 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de...

CLASIFICACIÓN III TRAIL SUBIDA AO PICO MURALLA CONCELLO DE RIANXO. Publicamos a clasificación e os tempos da proba celebrada o 25 de xullo: Clasificación Trail Pico Muralla. _______________________________________________________________   Xa temos nova data para o III Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo, organizada polo Servizo de Deportes e Barbantia Roda. A proba...

Mostrando o intervalo 1 - 50 de 366 resultados.