Novas de interese

- Axudas para estudos universitarios por causas sobrevidas - Concello de Rianxo

Novas de interese

Axudas para estudos universitarios por causas sobrevidas

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012-2013, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos solicitantes:

  1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
  2. Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual ano académico 2012-2013.
  3. Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir 5.108,60 € (425,72 € mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  5. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 1 de setembro de 2013.

 

        Convocatoria DOG