Educación e Cultura

Dúas funcións en Rianxo, a do venres contará cunha posfunción cun coloquio co equipo e elenco - TEATRO, Guerra a cargo de Teatro do Noroeste - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO, Guerra a cargo de Teatro do Noroeste

Dúas funcións en Rianxo, a do venres contará cunha posfunción cun coloquio co equipo e elenco

TEATRO: Guerra, de Teatro do Noroeste.

  • CANDO: venres 11 de abril ás 21.00 h // sábado 12 de abril 20.30 h.
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO: adulto, recomendado para maiores de 14 anos
  • DURACIÓN: 1 hora e 40 minutos
  • ENTRADAS: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función.

A función do venres contará cunha posfunción cun coloquio co equipo e elenco.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.