Educación e Cultura

Trátase dun espectáculo-obradoiro de narración oral e música enmarcado en FalaRedes programa de dinamización lingüística. - Contacontos, Pelica de burra de Vero Rilo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Contacontos, Pelica de burra de Vero Rilo

Trátase dun espectáculo-obradoiro de narración oral e música enmarcado en FalaRedes programa de dinamización lingüística.

 

ESPECTÁCULO-OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL E MÚSICA: Pelica de burra de Vero Rilo.

  • CANDO:  sábado 26 de abril
  • HORA: 19.00 h.
  • LUGAR: Pazo de Martelo
  • PÚBLICO: familiar, crianzas a partir de 3 anos
  • DURACIÓN:  45 minutos
  • ENTRADAS: de balde ata completar capacidade.

Proposta de FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.

Ano 2.735.  Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña Meee, por aquí non é!, por aquí tampouco, entón... por onde?”

Este retrouso levaranos cara a solución dun mundo sen diversión. PELICA DE BURRA é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luís Iglesias.

Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que achegan nesta nova proposta.