Educación e Cultura

O Concello de Rianxo organiza neste segundo semestre de 2025 dúas aulas socioculturais: canto e cestería - Canto, aulas socioculturais do Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Canto, aulas socioculturais do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo organiza neste segundo semestre de 2025 dúas aulas socioculturais: canto e cestería

AULA DE CANTO,  aulas socioculturais do Concello de Rianxo.

​​​​​​NOVEMBRO 2025-FEBREIRO 2026

  • Inicio: 06/11/2025
  • Remate: 19/02/2026
  • Persoas destinatarias: Persoas adultas.
  • Número de participantes: 20 máximo.
  • Número de sesións: 14
  • Día e hora: Os xoves, de 16:00 a 18:00
  • Calendario: 6, 13, 20, 27 de novembro; 4, 11, 18 de decembro; 8, 15, 22 e 29 de xaneiro; 5, 12 e 19 de febreiro.
  • Localización: Centro Sociocultural-Auditorio (aula grande do 1º andar)
  • Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama
  • Inscricións: a partir do luns 13 de outubro ata as 14.00 horas do 22 de outubro. No formulario que se poñerá neste mesmo  lugar
  • Matrícula: 50,00 €
  • Programa do curso

A través deste curso pretendemos fomentar o convivio musical entre os nosos maiores para crear un sistema de benestar e de envellecemento activo que permita cultivar unha maior calidade de vida. Durante o curso aprenderanse diversos aspectos básicos técnicos da voz que permitiran un mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento. Tamén traballamos aspectos como a música en conxunto para desenvolver o traballo en equipo e crear unha conciencia e cercanía co próximo.