Educación e Cultura

O Concello de Rianxo organiza neste segundo semestre de 2025 dúas aulas socioculturais: canto e cestería - CESTERÍA, aulas socioculturais do Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CESTERÍA, aulas socioculturais do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo organiza neste segundo semestre de 2025 dúas aulas socioculturais: canto e cestería

CESTERÍA

NOVEMBRO 2025-FEBREIRO 2026

  • Inicio: 05/11/2025
  • Remate: 21/02/2026
  • Persoas destinatarias: adultas maiores de 14 anos.
  • Número de participantes: 10 máximo.
  • Número de sesións: 10
  • Carga horaria presencial: 30 horas
  • Día e hora: Os mércores, de 17:00 a 20:00
  • Calendario: 5, 12, 19, 26 de novembro; 3, 10, 17 de decembro; 14 e 21 de xaneiro.
  • Localización: Pazo de Rianxiño (aula de artesanías)
  • Docente: Electra Menéndez
  • Inscricións: a partir do luns 13 de outubro ata as 14.00 horas do 22 de outubro. No formulario que se poñerá neste mesmo  lugar
  • Matrícula: 50,00 €
  • Programa do curso

​​​​​​​Obradoiro de cestería tradicional e contemporánea con fibras vexetais e materiais alternativos. Traballaremos con técnicas e materiais da cestería popular galega ao tempo que actualizamos a tradición con formas máis contemporáneas e o uso de novos materiais máis accesibles e sostibles. Empregando estes materiais alternativos buscamos, por unha banda, facilitar a aprendizaxe e a práctica autónoma xa que o as fibras vexetais son materiais difíciles de atopar. Por outra, o feito de ser materiais reciclados conciencia sobre problemas medioambientais actuais.