Educación e Cultura

Programa de concertos do Xacobeo (Axencia de Turismo de Galicia) - DANZA, Nove espellos por Óscar Covos Cía de Danza - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

DANZA, Nove espellos por Óscar Covos Cía de Danza

Programa de concertos do Xacobeo (Axencia de Turismo de Galicia)

DANZA, Nove espellos por Óscar Covos Cía de Danza

  • DÍA: venres 24 de outubro
  • HORA: 20.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: adultos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convite na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Ao abeiro do Programa de concertos do Xacobeo (Axencia de Turismo de Galicia).

“Nove espellos” é o último traballo da Oscar Cobos, unha proposta escénica que nos mergullará nunha atmosfera onírica deixando una pregunta ao aire: onde imos cando durmimos?

Deste xeito, a obra concíbese como unha viaxe polo multiverso e dentro do mundo do noso subconsciente, onde se crea no que o todo e a nada son o mesmo e onde se recrean diversas emocións coma medos, desexos, fracasos, ausencias, acertos, ledicias e tristezas

Protagonizada por tres intérpretes, na peza plásmanse diferentes estilos de danza e linguaxes, mesturando dende a danza popular tradicional de Galicia, a danza contemporánea, clásica ata a danza de contacto, creando un espectáculo único.