Educación e Cultura

Obra gañadora no 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais - Teatro, Berenguela na gaiola por Xarope Tulú e Galeatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Berenguela na gaiola por Xarope Tulú e Galeatro

Obra gañadora no 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Teatro, Berenguela na gaiola por Xarope Tulú e Galeatro

  • DÍA: sábado 15 de novembro
  • HORA: 19:00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: familiar, para crianzas a partir de 6 anos
  • DURACIÓN: 50 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites, dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)
  • SITIO WEB DO ESPECTÁCULO: https://urdime.gal/espectaculos/Berenguela-na-gaiola/

Ao abeiro do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno” (Manuel María)

Nunha residencia da Terceira Idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris.

Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Así comeza a representación da peza: “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar. Irán entrando e saíndo das escenas, debatendo, interrompendo o desenvolvemento da peza, xogando coma nese pasado que crían esquecido porque aconteceu moitos, moitos anos atrás, na ilusión da nenez.