Educación e Cultura

A publicación está editada por Alvarellos e presentarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 21 de novembro - LIBROS, Os médicos tamén enferman de Martiño Noriega - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

LIBROS, Os médicos tamén enferman de Martiño Noriega

A publicación está editada por Alvarellos e presentarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 21 de novembro

LIBROS, Os médicos tamén enferman de Martiño Noriega editado por Alvarellos Editora.

  • DÍA: venres 21 de novembro
  • HORA: 21:00 h
  • LUGAR: salón de actos do Centro sociocultural-Auditorio de Rianxo (primeiro andar)

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.

Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.

«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».