Educación e Cultura

Insírese nas propostas organizadas polo Concello de Rianxo para conmemorar o Ano Castelao 2025 - Teatro; Castelao, un corazón á intemperie por Fantoches Baj - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro; Castelao, un corazón á intemperie por Fantoches Baj

Insírese nas propostas organizadas polo Concello de Rianxo para conmemorar o Ano Castelao 2025

Teatro; Castelao, un corazón á intemperie por Fantoches Baj.

  • DÍA: sábado 22 de novembro
  • HORA: 12:00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: familiar, para crianzas a partir de 6 anos
  • DURACIÓN: 45 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites, dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)
  • SITIO WEB DO ESPECTÁCULO: https://urdime.gal/espectaculos/Castelao,-un-coraz%C3%B3n-%C3%A1-intemperie/

​​​​​​​

Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre os nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.

Varela Buxán fora o encargado de dirixir “Os vellos non deben de namorarse” na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará  brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con marionetas parte da súa obra: contos de ‘Cousas’ (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de ‘Retrincos’ (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben namorarse” e o o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.

 

​​​​​​​