Educación e Cultura

Programa Outono das Artes da Deputación da Coruña - Música, De Ninghures en concerto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Música, De Ninghures en concerto

Programa Outono das Artes da Deputación da Coruña

Música, De Ninghures en concerto, ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña

  • DÍA: sábado 29 de novembro
  • HORA: 20.30 h 
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: todos os públicos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)
  • Sitio web

De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos.

Son unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual.

Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

En 2022 publicaron ‘Aquí’ o seu primeiro álbum e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso ‘Morena’ – presentan traballo e espectáculo novo : FEIRA.