Educación e Cultura

Unha produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións - Teatro, Memorias dun neno labrego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Memorias dun neno labrego

Unha produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións

Teatro, Memorias dun neno labrego, unha proposta teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións. Co texto e dirección de Cándido Pazó.

  • DÍA: mércores 18 de febreiro
  • HORA: 20:30
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO DESTINATARIO: tódolos públicos
  • DURACIÓN: 105 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Neste espectáculo, seguimos a súa voz sincera e sensible mentres narra a vida cotiá nunha aldea galega dos anos corenta: a escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito.

A historia desenvólvese a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades. O espectáculo dálles vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión da expresión, e a tristura de sentirse diferente nun mundo que non admite preguntas; pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, e as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, ofrece a vida.

Nesta nova versión teatral do clásico de Neira Vilas, a memoria persoal do neno labrego preséntase como unha memoria colectiva, a desa Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, nun espectáculo que pon en primeiro termo a emoción, pero tamén o humor e a relación directa e amena co público.