Educación e Cultura

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Teatro, Xoguetes rotos a cargo de Barrosanta en coprodución con Butacazero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Xoguetes rotos a cargo de Barrosanta en coprodución con Butacazero

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Teatro, Xoguetes rotos a cargo de Barrosanta en coprodución con Butacazero.

  • DÍA: venres 27 de febreiro
  • HORA: 21:00
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 14 anos
  • DURACIÓN: 70 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xoguetes Rotos narra a historia dunha amizade entre Mario, un mozo que abandona a súa aldea, e Dorin, unha transexual do mundo do espectáculo. Mario traballa nunha perruquería pero Dorin lévao a enfrontarse aos seus soños de ser muller. Neste espello no que Mario se reflexa tamén se ve un mundo de purpurina perigoso e revelador.

É a época do Vigo industrial dos 70, das criaturas máxicas ataviadas coas mellores plumas como contrapunto da España en branco e negro endurecida pola lei de vagos e maleantes que incluída a represión dos homosexuais. A tráxica historia da súa amiga fai que Mario acepte ser en público quen descobre ser para si propio: unha muller. Unha viaxe de autocoñecemento que acontece á vista do público facendo un repaso polas súas lembranzas persoais. As palabras de Dorín retumbarán sempre no seu interior: ‘’O importante non é que te vexan, se non que o fagan como ti queres ser vista’’.