Educación e Cultura

Na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo, do 04 de marzo ao 01 de abril - EXPOSICIÓN, Castelao grafista (facsímile) de Afundación - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

EXPOSICIÓN, Castelao grafista (facsímile) de Afundación

Na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo, do 04 de marzo ao 01 de abril

EXPOSICIÓN, Castelao grafista (facsímile) de Afundación.

  • DATAS: do 04 de marzo ao 01 de abril
  • HORARIO DE VISITAS: luns de 10.00 a 14.00 // martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h (agás festivos)
  • LUGAR: sala de exposicións do Auditorio
  • MÁIS INFORMACIÓN: pinchando no enlace

​​​​​O acto de inauguración será o mércores 04/03/2026 ás 13.00 horas.​​​​​​​

A mostra, que conta coa facsímiles de pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación así como doutras coleccións privadas e públicas, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938). 
A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas. ​​​​​​​