Educación e Cultura

O sábado 21 de marzo estrea da nova produción de Elefante Elegante - TEATRO FAMILIAR, Estrea de Coralinda de Elefante Elegante - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO FAMILIAR, Estrea de Coralinda de Elefante Elegante

O sábado 21 de marzo estrea da nova produción de Elefante Elegante

TEATRO FAMILIAR, Estrea de Coralinda de Elefante Elegante.

  • DÍA: sábado 21 de marzo
  • HORA: 19.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: familiar con crianzas a partir de 3 anos
  • DURACIÓN: 45 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

CORALINDA é unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos.
O espectáculo aborda as temáticas da solidariedade, do racismo e do medo ao que é diferente. CORALINDA propón unha ollada cómplice, refexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que por cuestións de etnia, xénero ou clase social sofren comportamentos discriminatorios.
A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.