Educación e Cultura

Proposta promovida pola Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo - DÍA DO LIBRO, proxección e coloquio do documental A Rebelión da Lectura de Espazo Lectura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

DÍA DO LIBRO, proxección e coloquio do documental A Rebelión da Lectura de Espazo Lectura

Proposta promovida pola Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo

DÍA DO LIBRO, A Rebelión da Lectura de Espazo Lectura proxección do documental e coloquio coas directoras Asun G. Losada e Alma Alonso.

Proposta promovida pola Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo.

  • DÍA: xoves 23 de abril
  • HORA: 19.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • DURACIÓN: 98 minutos (documental)
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. ​​​​​​​

O fomento da lectura ten unha dimensión humana capaz de transcender a racionalidade, por iso prende, coma un feitizo, nos ollos das persoas. Probablemente ese sexa un dos motivos polos que, vinte anos despois da súa creación a mans dun pequeno grupo de persoas, Espazo Lectura se converteu nun insólito referente do activismo cidadá a favor do libro e a lectura. O documental ‌A rebelión da lectura foi capaz de penetrar nos ollos dos protagonistas para descubrirnos como se produciu ese abraiante milagre.
As imaxes e as voces envolventes do voluntariado da lectura fannos partícipes dese exercicio de xenerosidade compartida que se proxectou a través da ilusión e do entusiasmo.‌