Educación e Cultura

Titiriberia regresará a Rianxo do 18 ao 23 de agosto coa súa undécima edición - Titiriberia 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Titiriberia 2026

Titiriberia regresará a Rianxo do 18 ao 23 de agosto coa súa undécima edición

O Festival de Títeres Tradicionais Titiriberia volverá converter Rianxo na capital do teatro de monicreques do 18 ao 23 de agosto. A undécima edición reunirá compañías galegas, doutras comunidades autónomas e de Portugal nun programa con preto de trinta actividades, entre espectáculos, estreas, exposicións e propostas formativas, que se desenvolverán en diferentes espazos do municipio e para todos os públicos.

Organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, o festival consolídase como unha das principais citas cos títeres tradicionais.

A programación completa pode consultarse en https://titiriberia.com/titiriberia/edicion-2026/programacion-2026/.

More Blog Entries