Educación e Cultura

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza en Rianxo a actuación de teatro infantil "4 monos". - Teatro infantil: 4 monos  - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro infantil: 4 monos 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza en Rianxo a actuación de teatro infantil "4 monos".

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza en Rianxo a representación da obra de teatro infantil 4 monos, coa colaboración do Concello de Rianxo, no marco do programa de Actividades de Sensibilización e Educación para a Cidadanía Global 2026 do Fondo.

  • Cando: venres 02 outubro
  • Hora: 19.00 h
  • Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo ​​​​​​​
  • Público ao que vai dirixido: infantil e familiar

  • Duración do espectáculo: 60 minutos

 

4 monos, de Tropa de Trapo

Hai moitos anos, no Afastado Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro!

Catro monos, catro historias. 

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous... e non se levaban moi ben. 

O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais. 

A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.

E por último, a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas... e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.