Educación e Cultura

CeibaRimas 2026 levará a Rianxo a maior competición de rap improvisado en galego - CeibaRimas 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CeibaRimas 2026

CeibaRimas 2026 levará a Rianxo a maior competición de rap improvisado en galego

Rianxo acollerá o vindeiro 3 de outubro a final do CeibaRimas, a maior competición de rap improvisado en galego. A xornada combinará as tradicionais batallas de freestyle con actuacións musicais e un espazo dedicado a artistas emerxentes de Galiza.

O programa contará, ademais das competicións de improvisación, cos concertos de Rebelión do Inframundo e Txuki Camanho, así como cunha proposta destinada a dar visibilidade a novos talentos musicais, nos cales participarán Ash Diz, Alddara, Basti, Baba Sall, Noa Vigo, entre outros.

A inscrición para participar na competición de freestyle permanece aberta a través da web ceibarimas.gal. A organización repartirá máis de 1.000 euros en premios entre as persoas participantes.

CeibaRimas consolídase así como unha cita de referencia para a creación musical en galego e para a promoción da cultura urbana e do talento emerxente de Galiza.

+ información: Ceibarimas.gal