Educación e Cultura

Dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial - CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS

Dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial

CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS

  • DATAS: do 9 ao 20 de novembro (de luns a venres)
  • HORARIO: de 16.00 a 18.00 horas
  • LUGAR: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
  • ​​​​​​​INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN: cultura@concelloderianxo.gal // 981 100 688
  • PERSOAS DESTINATARIAS: a persoas adultas interesadas, maiores de 16 anos, na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial
  • GRATUÍTO

Ten unha duración de 20 horas repartidas en 5 unidades. Nelas vanse estudar nocións básicas de lingua galega xunto con outras de carácter cultural. Na parte de gramática hai unha introdución á fonética do galego, xunto coas distintas clases de palabras (artigos, pronomes persoais substantivos, adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións etc.), ortografía básica (uso de distintas grafías, regras de acentuación etc.) e outros recursos de utilidade para a comunicación na vida cotiá. Inclúense, así mesmo, contidos relacionados coa cultura e a historia de Galicia (gastronomía, tradicións, festas, música etc.).

Ao remate do curso entregarase un diploma (20 horas de formación), diploma será expedido pola Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Forma parte do programa formativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e coa colaboración do Concello de Rianxo.