Educación e Cultura

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña - TEATRO: Voo de Teatro ao Cubo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Voo de Teatro ao Cubo

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

TEATRO: Voo de Teatro ao Cubo.

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

  • DÍA: sábado 07 de novembro
  • HORA: 19:00
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 03 anos
  • DURACIÓN: 45 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por a outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.