Educación e Cultura

- A volta a Galicia en 313 concellos do Mago Antón - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

A volta a Galicia en 313 concellos do Mago Antón

O xoves 19 de xullo, o Mago Antón está na Praza de Castelao en Rianxo co espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Realizaranse varios pases nos seguintes horarios: 13.30 h, 19.00 h, 20.00 h, 21.00 h. e 22.00 horas.

A proposta está enmarcada na Feira do Libro de Rianxo e conta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Os asistentes terán a oportunidade de gozar dun divertido espectáculo no que os xogos de maxia sorprenderán a nenos.as e maiores. O Mago Antón buscará a implicación de todas as persoas que se suban ao magomóbil, un autobús caracterizado para este espectáculo e co que percorre diferentes municipios de Galicia con esta proposta cultural.