Educación e Cultura

O vindeiro luns 05 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis 2026 - Aberto o prazo para participar na Cabalgata de Reis 2026 en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Aberto o prazo para participar na Cabalgata de Reis 2026 en Rianxo

O vindeiro luns 05 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis 2026

Aberto o prazo para participar na Cabalgata de Reis 2026 en Rianxo

O Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para que nenos e nenas poidan participar na Cabalgata de Reis 2026, acompañando ás Súas Maxestades nas carrozas durante o desfile.

​​​​​​​Hai 20 prazas dispoñibles, repartidas entre as tres carrozas dos Reis Magos. A distribución das crianzas en cada carroza será determinada pola organización.

Requisitos

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, ambos inclusive. Terán prioridade as crianzas empadroadas no Concello de Rianxo.

Inscricións

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 2 de xaneiro ás 10:30 h.
As solicitudes deberán realizarse a través do formulario dispoñible en concelloderianxo.gal, no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1KHTTxw2MfxYAylLHd92su8yGzkJuGw_1YuifU-PT-tw

Sorteo

No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo presencial no Auditorio de Rianxo, o venres 2 de xaneiro ás 12:00 h. 

Normas de participación

Os e as participantes deberán ir vestidos/as de paxes. No Auditorio de Rianxo disponse de roupa de diferentes tallas e complementos, que poderán recollerse o sábado ou o luns pola mañá no horario habitual do Auditorio.

O horario da actividade comunicarase con antelación e deberá cumprirse rigorosamente. Cada crianza deberá ir acompañada en todo momento por unha persoa adulta responsable.

As crianzas que non obteñan praza ou que non cumpran os requisitos de idade poderán igualmente participar na cabalgata acompañando o desfile a pé, con vestimenta de paxe ou doutro personaxe navideño.

A participación nesta actividade implica a captación e difusión de imaxes (fotografías e vídeos) a través dos medios de comunicación e difusión corporativos do Concello de Rianxo.

Descarga bases participación